Shirin Ebadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shirin Ebadi
Nobel prize medal.svg

شيرين عبادى
Ebadi.jpg
Shirin Ebadi, a 18 de novembro de 2005.
Nome completo tro
Nacemento 21 de xuño de 1947 (70 anos)
Lugar Hamadán, Flag of Iran.svg Irán
Nacionalidade Irán
Alma máter Universidade de Teerã
Ocupación Avogada, xuíza e activista dos dereitos humanos
Premios Premio Nobel da Paz, Comendador da Lexión de Honor, Thorolf Rafto Memorial Prize, Felix Ermacora Human Rights Award e James Parks Morton Interfaith Award
[[Ficheiro:Shirin Ebadi Signature.svg|centro|220px]]
editar datos en Wikidata ]

Shirin Ebadi (en persa : Shirin 'Ebādi), nada o 21 de xuño de 1947 en Hamadan, Irán), é unha avogada iraniana, activa defensora dos dereitos humanos. Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2003, pola súa actividade a favor dos dereitos humanos e dea democracia. E a primeira muller musulmá e a primeira iraniana que obtén este premio.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Ebadi neceu en Hamadan, Irán. Seu pai, Mohammad Ali Ebadi, era o xefe da notaria pública da cidade e profesor de dereito mercantil. A familia trasladoues para Teherán en 1948.

Ebadi foi admitida nos estudos de Dereito da Universidade de Teherán en 1965. Despois de licenciarse en 1969, foi aprobada nos exames para exercer como xuíz. Logo de seis meses de preparación, comezou oficialmente a carreira como xuíz en marzo de 1970. Continuou, porén, os seus estudos na Universidade de Teherán até recibir o master en Dereito no ano 1971. En 1975, tornouse na primeira muller que presidíu unha corte legal no seupaís.

Desde a revolución iraniana[editar | editar a fonte]

Ebadi foi a primeira muller que exerceu como xuíz en Irán, en 1974, porén tivo que deixar o seu posto en 1979, a causa da revolución persa, momento no que relixiosos conservadores tomaron o poder no país e limitaron fortemente o papel público das mulleres.

Actualmente ensina Dereito na Universidade de Teherán, á par que actúa en defensa dos dereitos da infancia e máis das mulleres.

É a voceira oficiosa das mulleres iranias. que xogaron un rol chave na campaña presidencial de Mohammad Khatami, durante a cal loitou por que as mulleres tivesen un papel maior na vida pública.

É coñecida tamén por tomar a defensa dos disidentes de primeira fileira, así como por defender a Dariush Farouhar e máis a súa esposa que estaban condenados a morte. Tratábase de intelectuais ameazados por extremistas opostos á política de Khatami, que dera maior liberdade de expresión.

Condena política[editar | editar a fonte]

No ano 2000, Ebadi foi acusada de distribuír un video no que mostraba un de estes extremistas relixiosos, revelando así que os dirixentes conservadores están na orixe da violencia. Por este asunto foi condenada a pena de cárcere e inhabilitación para exercer a súa profesión. Isto atraeu a atención mundial sobre a violación dos dereitos humanos en Irán.

Assadollah Badamchian, un político conservador iraniano, calificou a concesión doe Premio Nobel a Ebadi, como unha "infamia", engadindo que Shirin Ebadi fora recompensada polos servizos emprestados á opresión e ao colonialismo occidentais.

Ebadi forma parte da dirección da ’Organización Iraniana de Protección dos Dereitos do Neno e da ’Asociación de Defensores dos Dereitos Humanos en Irán.

Recoñecemento internacinal[editar | editar a fonte]

Polo seu activismo político, obtivo o Premio Rafto en 2001, antes de obter en 2003 o Nobel.No mes de outubro de 2007, Shirin Ebadi interveu no Foro Mundial de Economía Responsábel que se celebreou en Lille, so o lema da diversidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Videos[editar | editar a fonte]