Saltar ao contido

Conferencia de Madrid de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conferencia de Madrid de 1991
 Instancia de
 Epónimo
Datas
 Data de comezo
30 de outubro de 1991 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1 de novembro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/04cp_1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Conferencia de Paz de Madrid 1991

A conferencia de Madrid, ideada polo goberno de España e coauspiciada polos Estados Unidos e a URSS, comezou entre 30 de outubro e o 1 de novembro de 1991 e durou tres días. Foi unha tentativa por parte da comunidade internacional de principiar un proceso de paz entre Israel e os palestinos e países árabes como Siria, Líbano, Xordania.

Pouco despois da Guerra do Golfo de 1991, o presidente norteamericano George W. Bush e o seu secretario de estado James Baker formularon os obxectivos e coa Unión Soviética redactaron unha carta de invitación a Israel, Siria, Líbano e os palestinos. Por presión de Israel os palestinos non estiveron representados oficialmente pola OLP senón que se integraron na delegación xordana. A conferencia pretendía servir como un foro aberto para os participantes e non tiña capacidade para impoñer solucións ou vetar acordos.