Abdullah II de Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdullah II de Xordania
Rei de Xordania
Reinado 7 de febreiro de 1999
...
Predecesor Hussein I
Esposa Rania al Yassin (1993 - ...)
Descendencia
Hussein bin Al Abdullah
Iman bin Al Abdullah
Salma bin Al Abdullah
Hashem bin Al AbdullahVenceslau I
Casa Haxemita
Pai Hussein I
Nai Antoinette Avril Gardiner
Nado 30 de xaneiro de 1962
Amán, Xordania
Abdullah II

Abdullah II ibn al-Hussein (en lingua árabe عبدالله الثاني بن الحسين), nado en Amán o 30 de xaneiro de 1962, é o rei de Xordania dende o 7 de febreiro de 1999, dende a morte de seu pai, o rei Hussein I. Está casado con Rania Al-Yassin dende o 10 de xuño de 1993 e ten catro fillos: Hussein, Iman, Salma e Hashem.

Naceu en Ammán, fillo do rei Hussein I e a súa segunda esposa, a británica Antoinette Avril Gardiner (convertida ao Islam como Princesa Muna al-Hussein (Desexo de Hussein)). Estudou no Colexio Educacional Islámico, na capital xordana, os seus estudios básicos, viaxando logo a Inglaterra para continualos na Escola Saint Edmund e de aí pasou á Escola Eaglebrook e á Academia Deerfield nos Estados Unidos para os seus estudios secundarios.

Pouco antes de morte do seu pai, este nomeouno príncipe sucesor, substituíndo nesta posición a El Hassan bin Talal, o irmán de Hussein que portara ese cargo desde 1965. Non foi a máis popular das súas decisións, pois a nai de Abdullah, Antoinette Avril Gardiner, comunmente coñecida como Toni Gardiner, era británica e moitas persoas en Xordania crían inadecuado que Abdullah fora o herdeiro do trono haxemí, o cal ten unha descendencia directa do profeta Mahoma (Abdalá pertence á 43ª xeración de descendentes directos de Mahoma).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abdullah II de Xordania