Charles Albert Gobat
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de maio de 1843 Tramelan, |
| Morte | 16 de marzo de 1914 Berna, |
| Lugar de sepultura | Bremgarten cemetery (en) |
| Membro do Consello Nacional de Suíza | |
| 1 de decembro de 1890 – 16 de marzo de 1914 Circunscrición electoral: Berna | |
| Member of the Swiss Council of States (en) | |
| 10 de marzo de 1884 – 30 de novembro de 1890 Circunscrición electoral: Berna | |
| Membro do Gran Consello do Cantón de Berna | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Reformed (en) |
| Educación | Universidade de Basilea Universidade de Heidelberg |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Berna |
| Ocupación | Avogado, administrador educativo e político |
| Partido político | Partido Radical Democrático |
| Familia | |
| Fillos | Marguerite Gobat |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Charles Albert Gobat, nado o 21 de maio de 1843 e finado o 16 de marzo de 1914, foi un avogado, administrador educativo e político suízo, que recibiu, xunto co Élie Ducommun, o Premio Nobel da Paz de 1902, pola súa lideranza na Oficina Internacional pola Paz, a máis antiga federación pola paz do mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gobat naceu en 1843 en Tramelan, Suíza. Era fillo dun pastor protestante e sobriño de Samuel Gobat, un misioneiro que se tornou bispo de Xerusalén. Educouse nas Universidades de Basilea, Heidelberg, Berna e París. Recebiu o doutoramento en dereito da Universidade de Heidelberg o 1867.
Recibiu aclamación polo seu traballo République de Berne et la France pendant les guerres de religion, publicado o 1891 e tamén por Histoire de la Suisse racontée au peuple de 1900.
Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto e tamén do ido.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ivan Širjaev; Ludoviko Kökény; Vilmos Bleier; Kálmán Kalocsay (1933-1934). Enciklopedio de Esperanto. Literatura Mondo.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
