Emily Greene Balch
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de xaneiro de 1867 Boston, |
| Morte | 9 de xaneiro de 1961 (94 anos) Cambridge, Massachusetts, |
| Lugar de sepultura | Cemitério Forest Hills (pt) |
| Educación | Bryn Mawr College (–1889) Universidade de Chicago Wellesley College |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Economía |
| Ocupación | Escritora, economista e profesora |
| Empregador | Wellesley College |
| Membro de | |
| Interesada en | Economía |
| Movemento | Pacifismo |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Pai | Francis Vergnies Balch |
| Irmáns | Francis N. Balch |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | A Biographical Dictionary of Women Economists (en) American Women Writers The Westminster Handbook to Women in American Religious History |
Emily Greene Balch, nada en Boston en 1867 e finada en 1961, foi unha escritora e pacifista americana, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946, compartido con John Raleigh Mott.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia acomodada, estudou socioloxía e economía en Europa e nos Estados Unidos, e dende 1896 deu clases na facultade do Wellesley College.
Durante a primeira guerra mundial axudou a fundar a Liga Feminina Internacional para a Paz e a Liberdade en 1915, e loitou contra a entrada dos Estados Unidos no conflito. Polas súas actividades pacifistas o Wellesley College non lle prorrogou o contrato, Balch converteuse en editora de The Nation, unha revista liberal de actualidade. En 1920 converteuse ao cuaquerismo.
