Saltar ao contido

Médicos Sen Fronteiras

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 Médicos Sen Fronteiras
Imaxe
 Caracterizado por
 Forma xurídica
 Participou en
Implicados
 Director/a executivo/a
Christos Christou setembro de 2019 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
Economía e industria
 Ingresos totais
2362220000 € (2024)
1901707000 € (2020) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
21 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF1244149296185480670001 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121902765 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL3270683A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/054p6 Editar o valor en Wikidata
MeSHD000095744 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: msfinternational Twitter: MSF Instagram: doctorswithoutborders Bluesky: msf.org LinkedIn: medecins-sans-frontieres-msf TikTok: doctorswithoutborders Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Médicos Sen Fronteiras (MSF) (en francés:Médecins sans frontières) é unha Organización non gobernamental fundada en Francia o 20 de xullo de 1971 por un grupo de médicos. A organización foi fundada na idea de que todo o mundo ten dereito a unha asistencia médica, independentemente da súa nacionalidade.[1]

Logo da organización nunha porta no Chad

Organización

[editar | editar a fonte]

MSF é a maior organización privada de axuda humanitaria do mundo. Cun orzamento total de 365 millóns de euros e 2,2 millóns de doadores, MSF enviou ao redor de 3.000 profesionais a 77 países durante o período de actividades 2002-2003. A asistencia que MSF proporciona baséase nas necesidades das poboacións. A análise e a acción de MSF están libres de calquera presión política, económica, militar ou relixiosa.

MSF non toma partido por ningunha das partes enfrontadas nun conflito. Vela que a asistencia beneficie ás vítimas, non os verdugos, pero non asume a neutralidade como un silencio cómplice en caso de violacións graves de dereitos humanos ou do Dereito Internacional Humanitario.[2]

Orixe e obxectivos

[editar | editar a fonte]
Un traballador da saúde de MSF examina a nenos malnutridos

Dedícase principalmente á axuda de poboacións en situación precaria e as vítimas de conflitos, fame e catástrofes de orixe natural. A súa experiencia médica comezou na guerra de Biafra (1968 - 1969) dentro do dispositivo da Cruz Vermella. Entón non era senón no marco de Cruz Vermella, a ONG máis gobernamental (máis aínda que agora), na que se podía actuar

En 1991 foi galardoada, xunto Medicus Mundi, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia e en 1999 recibiu o premio Nobel da Paz. O comité Nobel de Noruega concedeullo por ser pioneira no traballo humanitario en varios continentes.

Hoxe en día, conta con máis dun millón e medio de socios, dous mil voluntarios traballando en programas humanitarios en setenta países e outros mil en labores administrativas. Prevén e tratan algunhas enfermidades como a tuberculose, o SIDA e a meninxite.

Carta Magna de Médicos Sen Fronteiras

[editar | editar a fonte]
Países con misións de MSF

Médicos Sen Fronteiras é unha asociación privada con vocación internacional. A asociación reúne maioritariamente os membros do corpo sanitario e así mesmo está aberta a outros profesionais útiles á súa misión.

Todos subscriben sobre o honor os seguintes principios:

  • Médicos Sen Fronteiras aporta a súa axuda ás poboacións en situación precaria, ás vítimas de catástrofes de orixe natural ou humano e de conflitos armados, sen discriminación de raza, relixión, filosofía ou política.
  • Ao actuar na máis estrita neutralidade e imparcialidade, Médicos Sen Fronteiras reivindica, en nome da ética médica universal e do dereito á asistencia humanitaria, plena e enteira liberdade no exercicio da súa función.
  • Médicos Sen Fronteiras comprométese a respectar os principios deontolóxicos da súa profesión e a manter unha independencia total de todo poder, así como de toda forza política, económica ou relixiosa.
  • Os voluntarios miden os riscos e perigos das misións que cumpren e non reclamarán para se mesmos nin para os seus achegados compensación algunha, salvo a que a asociación sexa capaz de proporcionarllos.
  1. Médecins Sans Frontières (Doctors Without borders) (ed.). "La création de Médecins Sans Frontières" (en francés). La création de Médecins Sans Frontières. Consultado o 21 de novembro do 2015. 
  2. Generalitat de Catalunya (ed.). "Històric d'exposicions del Palau Robert". web (en catalán). Consultado o 7/07/2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]