Elie Wiesel
Elie Wiesel | |
---|---|
Nome completo | Eliezer Wiesel |
Nacemento | 30 de setembro de 1928 |
Lugar de nacemento | Sighet, Maramureș, Reino de Romanía |
Falecemento | 2 de xullo de 2016 (87 anos) |
Lugar de falecemento | Nova York |
Soterrado | Cemitério Kensico |
Nacionalidade | Estados Unidos de América, Reino de Romanía e Reino de Hungría |
Relixión | xudaísmo |
Alma máter | Faculty of Arts of Paris |
Ocupación | Activista político, profesor e escritor |
Pai | Shlomo Wiesel |
Nai | Sarah Feig |
Cónxuxe | Marion Erster Rose |
Fillos | Elisha Wiesel |
Coñecido por | Night |
Premios | Premio Nobel da Paz, Knight Commander of the Order of the British Empire, Norman Mailer Prize, Medalha Nacional de Humanidades, Four Freedoms Award - Freedom of Worship, Freedom Award, Light of Truth Award, Gran cruz da Lexión de Honor, gran oficial da Orde da Estrela de Romanía, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, Prêmio Médicis, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Prix du Livre Inter, Honorary doctorate from the University of Geneva, grande oficial da Lexión de Honor, Medal of Liberty, honorary doctor of Tel Aviv University, doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan, honorary doctorate of Haifa University, Grã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, honorary doctorate of the Weizmann Institute of Science, honorary doctorate of the Bordeaux Montaigne University, honorary doctor of the University of Picardie Jules Verne, Bordin Prize, honorary citizen of Jerusalem, honorary doctor of the Florida Atlantic University e honorary doctor of the University of Miami |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eliezer Wiesel, nado en Sighetu Marmației (Reino de Romanía) o 30 de setembro de 1928 e finado en Nova York o 2 de xullo de 2016, foi un escritor romanés sobrevivente dos campos de concentración nazis. Adicou toda a súa vida a escribir e falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie semellante. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1986.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 16 anos foi capturado polos alemáns, do mesmo xeito cós demais xudeus do seu pobo. Tras chorar a morte de todos os seus familiares en Auschwitz e Buchenwald, estudou na universidade da Sorbona, en París, e posteriormente traballou en xornais de Israel, Francia e Estados Unidos de América, onde se estableceu dende 1956.

Autor de tres novelas sobre as súas vivencias durante aqueles anos de represión e morte (La Nuit, L'Aube e Le Jour; publicadas en galego baixo o título de Triloxía da noite), gañou o Premio Nobel da Paz en 1986.
O 16 de maio de 1944, a familia Wiesel, como outras tantas familias xudías, embarcábanse nun tren rumbo ao campo de concentración de Birkenau. "É a primeira parada, logo veñen Auschwitz e Buchenwald. É noite pechada, tebras exteriores ás que son guindadas, xunto a tantos xudeus asasinados ou sobreviventes, as nosas entrañas de humanidade, o noso manancial de profunda compaixón". La Nuit (1956-1958), foi o título que máis fama lle deu.
Nos seus últimos anos de vida, Wiesel xustificou bombardeos por parte do Estado de Israel, onde morreron nenos, dicindo que era culpa de Hamás por usalos como escudos humanos. Nunha carta publicada no The New York Times, 327 sobreviventes e descendentes xudeus do Holocausto responderon a Wiesel “indignados pola sua xustificación do inxustificábel”) condenando o masacre de Gaza e, “alarmados pola desumanización racista e extrema dos palestinos na sociedade israelí. (...) O xenocidio comeza co silencio do mundo (...) “Nunca Máis debe significar Nunca Máis para Ninguén.”[1]
Na súa vila natal de Sighetu en Romanía fundou un museo de conmemoración do Holocausto. Xunto á súa esposa, fundou a Elie Wiesel Foundation for Humanity, co propósito de "Combater a indiferenza, a intolerancia e a inxustiza a través do diálogo internacional e programas enfocados á xuventude, que promovan a tolerancia, comprensión e igualdade." [2]. En 2008 desvelouse que o matromonio e a fundación perderan uns 15 millóns de dólares invertindo no esquema Ponzi de Bernard Madoff. [3]
Ensino[editar | editar a fonte]
Wiesel ocupou o cargo de Andrew Mellon Profesor de Humanidades na Universidade de Boston desde 1976, ensinando nos seus departamentos de Relixión e Filosofía.[4] En 1982 ensinou na Universidade Yale. Tamén co-instruíu os cursos de Winter Term (xaneiro) na Eckerd Facultade, St. Petersburg, Florida. De 1997 a 1999 foi profesor visitante de Estudos Xudaicos no Barnard College da Columbia University.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ cafebarbantia. "Elie Wiesel Ante O Holocausto ; Café Barbantia". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2021. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Elie Wiesel Foundation for Humanity". Elie Wiesel Foundation for Humanity (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Berger, Joseph (2016-07-02). "Elie Wiesel, Auschwitz Survivor and Nobel Peace Prize Winner, Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Allen, Evan; Koktsidis, Alexandra. "Fond memories of Elie Wiesel in Boston". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ Columbia.edu, ed. (21 de novembro de 1997). "Rexistro da Universidade de Columbia". Consultado o 24 de xullo de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elie Wiesel ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Elie Wiesel |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Premio Nobel da Paz
- Escritores de Romanía
- Escritores en lingua francesa
- Nados en 1928
- Finados en 2016
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores en lingua yiddish
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América
- Premios Nobel de Romanía
- Premios Nobel de Hungría
- Profesores da Universidade de Columbia
- Profesores da Universidade Yale
- Profesores da Universidade de Boston