Denis Mukwege
Denis Mukwege | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Denis Mukwege |
Nacemento | 1 de marzo de 1955 |
Lugar de nacemento | Bucavu |
Nacionalidade | República Democrática do Congo |
Relixión | Pentecostalismo |
Alma máter | Universidade Libre de Bruxelas, University of Angers, Universidade do Burundi e Universidade de Quinxassa |
Ocupación | Activista polos dereitos humanos, xinecólogo, obstetra e participante do fórum internacional |
Premios | Prémio Olof Palme, Cabaleiro da Lexión de Honra, Premio Sakharov, Premios Nobel Alternativos, United Nations Prize in the Field of Human Rights, Civil Courage Prize, Honorary doctorate of Umeå University, Premio Nobel da Paz, Wallenberg Medal, honorary doctor of Harvard University, prix des droits de l'homme de la République française, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, Doutor honorário da Universidade de Liège, honorary doctor of the University of Pennsylvania, honorary doctor from the NOVA University Lisbon, doutor honoris causa pola Universidade de Montreal, Four Freedoms Award - Freedom from Want e doctor honoris causa from the University of Pau |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Denis Mukengere Mukwege, nado o 1 de marzo de 1955,[1][2] é un xinecólogo congolés. En 2018 Mukengere e Nadia Murad recibiron xuntos Premio Nobel da Paz polo seu esforzo en erradicar a violencia sexual como arma de guerras en conflitos armados.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É o fundador do Hospital Panzi de Bukavu, onde está especializado no tratamento de mulleres que sufriron unha violación en grupo por forzas rebeldes e militares. Mukwege converteuse nun experto mundial na reconstrución interna do dano causado por esta clase de agresións sexuais.[4] Mukwege tratou milleiros de mulleres que foron vítimas de violacións de guerra dende a Segunda Guerra do Congo, algunhas delas máis dunha vez, levando a cabo 10 cirurxías ó día. Ten descrito como as súas pacientes chegan ó hospital, polo xeral en terribles condicións, e algunhas veces até espidas.[4] En 2014 Mukwege foi galardoado co Premio Sakharov da Unión Europea. Un ano antes, en 2013, recibiu o primeiro dos tres nomeamentos para o Premio Nobel da Paz.[5] O 28 de maio de 2015, Mukwege foi honrado como Doutor en Leis pola Universidade Harvard.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ European Parliament/News, ed. (21 de outubro de 2014). "Denis Mukwege: winner of Sakharov Prize 2014". Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ Fondation Chirac, ed. (10 de outubro de 2013). "Denis Mukwege, Laureate of the 2013 Prize for conflict prevention". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ "Premio Nobel da Paz 2018" (en inglés). Consultado o 31 outubro 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Nolen, Stephanie. "Where repairing rape damage is an expertise," The Globe and Mail, 22 de outubro de 2008.
- ↑ CNN, ed. (10 de outubro de 2013). "Nobel Peace Prize: Congo rape trauma surgeon among favorites". Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ "Ten to receive honorary degrees.".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Denis Mukwege ![]() |