Partido Republicano (Estados Unidos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Theodore Roosevelt, 26º presidente dos USA.

O Partido Republicano (GOP, Grand Old Party; Republican Party na súa lingua orixinal) é un dos dos maiores partidos políticos dos Estados Unidos xunto co Partido Demócrata, ámbolos dous, únicos partidos que chegaron ao poder no país dende o século XIX. É o gran partido conservador do país. aínda que cando se fundou o 20 de marzo de 1854 representaba ós que se opuñan a expansión da escravitude e pretendían a modernización dos Estados Unidos. Son catalogados comúnmente como dereita ou centrodereita no espectro político; e están ligados a un pensamento liberal económico. A súa orixe devén da desintegración do Partido Whig dos Estados Unidos no 1854, o segundo partido máis importante do país tras o Partido Demócrata.

A día de hoxe é líder da maioría no Senado da man de Mitch McConnell, así como líder da maioría na Cámara dos Representantes, cuxo presidente é Paul Ryan. A figura máis salientábel e visíbel a día de hoxe do propio partido é a do actual Presidente dos Estados Unidos de América, o empresario multimillonario Donald Trump, quen chegou ao poder o 20 de xaneiro do 2017.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.