Henri La Fontaine
Henri Marie La Fontaine ![]() | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de abril de 1854 |
Lugar de nacemento | Bruxelas, Bélxica |
Falecemento | 14 de maio de 1943 |
Lugar de falecemento | Bruxelas, Bélxica |
Nacionalidade | ![]() |
Alma máter | Universidade Libre de Bruxelas |
Ocupación | avogado |
Irmáns | Léonie La Fontaine |
Premios | Premio Nobel da Paz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henri Marie La Fontaine, nado en Bruxelas o 22 de abril de 1854 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1943[1], foi profesor de Dereito internacional e senador belga[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou leis na Universidade Libre de Bruxelas. Pronto alcanzou unha gran reputación como autoridade en dereito internacional. En 1893 chegou a ser profesor de dereito internacional na Universidade Nova de Bruxelas e dous anos despois foi elixido para o Senado belga a través do Partido Social-Demócrata. Foi vicepresidente do Senado entre 1919 e 1932.
En 1913 foi laureado co premio Nobel da Paz polos seus esforzos en fomentar as boas relacións entre Francia e Alemaña, a través da mediación belga, e polo intenso labor pacifista que viña desenvolvendo desde 1882.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Henri La Fontaine Arquivado 02 de agosto de 2012 en Wayback Machine. Nobelprize.org