Henri Seyrig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Arnold Seyrig 10 de novembro de 1895 Héricourt (Francia) |
Morte | 21 de xaneiro de 1973 Neuchâtel. Suíza |
Causa da morte | doenza |
Director Escola do Louvre | |
1960 – 1962 ← Edmond Sidet (en) – Jean Chatelain (pt) → | |
Director of the Museums of France (en) | |
1960 – 1962 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | - Universidade de París. - Escola Francesa de Atenas. |
Q89547790 | - Director da Escola do Louvre. - Director do Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente. - Director dos Museos de Francia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía e numismática. |
Ocupación | arqueólogo, historiador, profesor universitario |
Membro de | Academia de Inscricións e Linguas Antigas (free member (en) ) (1952–1973) French School at Athens (en) (1922–1929) Academia Británica |
Profesores | Victor Bérard |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Hermine de Saussure |
Fillos | Francis Seyrig, Delphine Seyrig |
Parentes | Théophile Seyrig, avó |
Premios | |
- (1952): Medalla Huntington (ANS). - (1961): Medalla da RNS. | |
Henri Arnold Seyrig, nado o 10 de novembro de 1895 en Héricourt, Alto Saona, e finado o 21 de xaneiro de 1973 en Neuchâtel, Suíza, foi un arqueólogo e numismático francés.[1][2]
Foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, e é coñecido fundamentalmente por ter ocupado o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e o Líbano no período de soberanía francesa, e posteriormente por ter creado o Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente, que dirixiu ata 1967, cando se xubilou.
Estivo casado con Hermine de Saussure (1901-1984), tataraneta de Horace Bénédict de Saussure.[3] A súa filla foi a actriz Delphine Seyrig e o seu fillo o compositor de música cinematográfica Francis Seyrig.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Henri Seyrig era membro dunha familia de industriais alsaciana e suíza que profesaba a fe calvinista; fillo de Abel Seyrig, garda forestal, e de Julia Lacroix. Aos seus tres anos, a familia instalouse en Mulhouse, onde recibiu a educación primaria e aprendeu alemán.[4]
No curso 1913-1914 estudou na Universidade de Oxford, mais tivo que deter os seus estudos por mor da súa participación na primeira guerra mundial na fronte de Verdún, que o fixo merecedor da Cruz de Guerra; posteriormente interveu tamén co exército francés de Oriente en Tesalónica.[4][5]
Logo do armisticio, Seyrig continuou os estudos clásicos e graduouse na Universidade Sorbona, e baixo a dirección de Victor Bérard con quen preparou unha memoria de licenciatura sobre a Casa Homérica. En 1922 acadou acreditación para impartir de gramática e linguas clásicas e tamén aprobou o ingreso nas Escola Francesa de Atenas, onde colleu amizade con Fernand Chapouthier. Os seguintes anos pasounos en Grecia, primeiro como científico (1922-1928) e posteriormente como secretario xeral desa institución (1928).[2][4][5]
A súa carreira sufriu un punto de inflexión en 1929, cando René Dussaud, o pai da arqueoloxía siria, o recomendou para o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e do Líbano en Beirut, baixo mandato francés.[6] Seyring converteuse nun dos principais reorganziadores da investigación arqueolóxica en Siria, primeiro desde ese posto (1929-1941) e máis tarde como director do Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente -IFAPO- (1946-1960 e 1962-1967).[4][5]
Entre 1942 e 1945 foi agregado cultural da Francia libre nos Estados Unidos, e entre 1945 e 1965 foi profesor na Universidade de París.[2][5]
O seu labor como arqueólogo foi cada vez máis coñecido e o seu nome "ligouse ás grandes obras arqueolóxicas".[6] Así as cousas, foi nomeado como director dos Museos de Francia e da Escola do Louvre (1960-1962) por André Malraux, daquela ministro de Cultura.
Henri Seyrig mantivo contactos con numerosas figuras da cultura e da arte contemporáneas, como Henri Matisse, Fernand Léger, Joan Miró, Aimé Césaire, André Breton e, sinaladamente, Le Corbusier.
Ingresou na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, en 1933 como membro correspondente e en 1952 como membro pleno,[7] e na Academia Británica en 1955, como membro correspondente.[8] Ademais, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade Yale.[2]
Seyrig chegou a conformar unha importante colección de selos de chumbo bizantinos, que agora se atopa no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París. Algunhas antigüidades da súa posesión foron doadas ao Museo Louvre de París.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1952): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[10]
- (1961): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[11]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Seyrig foi un autor prolífico de artigos nas revistas arqueolóxicas e numismáticas máis sobranceiras do seu tempo. Saliéntanse aquí algunhas das súas monografías máis relevantes:[12][13]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1938). Antiquités syriennes. P. Geuthner, París.
- (1950). Notes in Syrian Coins. American Numismatic Society. Numismatic notes & monographs, 119.
- (1968). Le temple de Bêl à Palmyre. P. Geuthner, París.
- (1973). Trésors du Levant anciens et nouveaux. P. Geuthner, París.
- (1985). Scripta varia. mélanges d'archéologie et d'histoire. P. Geuthner, París.
- (1986). Scripta numismatica. P. Geuthner, París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Seyrig, Henry". Trecanni. Istituto dell'Enciclopedia Italiana.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Seyrig, Henri Arnold". Comité des travaux historiques et scientifiques.
- ↑ Knoepfler, D. (2013). Páxinas 1316-1317.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Siebert, G. (2001).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Courcelle, P. (1973).
- ↑ 6,0 6,1 "Henri Seyrig". En Thiollet, G-P. (2005).
- ↑ Will, E. (1993). Páxina 385.
- ↑ "Deceased Fellows". British Academy.
- ↑ Cheynet, J. C.; Morrisson, C. (1991).
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Henri Seyrig". Open Library. Internet Archive.
- ↑ "Seyrig, Henri (1895-1973)". Persee.fr
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cheynet, J. C.; Morrisson, C. (1991). Les sceaux byzantins de la collection Henri Seyrig. Catalogue raisonné. Bibliothèque nationale, París. ISBN 978-2717718492
- Courcelle, P. (1973). "Allocution à l'occasion de la mort de M. Henri Seyrig, membre de l'Académie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 117-1. Páxinas 100-102.
- Dentzer, J-M. (2013). "Henri Seyrig et les institutions de recherche françaises : du Service des Antiquités de Syrie au Centre de Recherches archéologiques de Valbonne". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 157-3. Páxinas 1351-1366.
- Knoepfler, D. (1996). "De la Grèce au Proche-Orient avec Henri Seyrig : un Athénien atypique au tournant de sa carrière (1922-1929)". En Bulletin de correspondance hellénique. 120. Páxinas 285-308.
- Knoepfler, D. (2013). "Henri Seyrig à Neuchâtel : le savant et l’homme à travers sa bibliothèque scientifique". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 157-3. Páxinas 1313-1349.
- Le Rider, G. (1973). "Henri Seyrig 1895-1973". En Revue suisse de numismatique. 52. Páxinas 147-171.
- Picard, O. (2013). "Henri Seyrig, un athénien peu ordinaire, 1922-1928". Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 157-3. Páxinas 1295-1311.
- Siebert, G. (2001). "Portraits et silhouettes d’Alsace: Seyrig Henri Arnold". En Revue d'Alsace. 127. Páxinas p. 372-376.
- Thiollet, G-P. (2005). "Henri Seyrig". En Je m'appelle Byblos. Ed. H & D. Páxina 257. ISBN 978-2914266048
- Will, E. (1973). "Henri Seyrig". En Syria. 50. Páxinas 259-265.
- Will, E. (1993). "Notice sur la vie et les travaux d’Henri Seyrig, membre de l'Académie". Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres". 137-2. Páxinas 384-394.
- Nados en 1895
- Nados no departamento de Alto Saona
- Finados en 1973
- Numismáticos de Francia
- Arqueólogos de Francia
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Doutores honoris causa pola Universidade Yale
- Directores de museos
- Museo do Louvre
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Alumnos da Universidade de Oxford
- Alumnos da Universidade de París
- Profesores da Universidade de París