Ruth Pliego Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuth Pliego Vázquez
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Sevilla
Director de teseFrancisca Chaves Tristán Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEstudos de numismática visigoda.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía
Ocupaciónarqueóloga , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Numismatic Society.
Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos.
Premios
2023: Medalla Huntington (ANS).

Dialnet: 1124724

Ruth María Pliego Vázquez é unha arqueóloga e numismática española, experta na moeda visigoda. É profesora da Universidade de Sevilla. Foi galardoada coa Medalla Huntington da American Numismatic Society en 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ruth Pliego cursou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Sevilla entre 1991 e 1996, e en 2006 acadou o seu doutoramento na mesma universidade,[1][2] cunha tese titulada Historia monetaria del Reino visigodo de Toledo. La amonedación áurea (c. 568-714).[3]

Logo comezou a súa carreira profesional no Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico, onde permaneceu ata 2011, compaxinando este traballo coa actividade investigafora, participando en diversos proxectos de instucións como a Universidade de Málaga, a Universidade de Sevilla, a Universidade Princetou ou a École des hautes études hispaniques et ibériques (Casa Velázquez); nesta última estivo contratada no bienio 2012-2013 como coordinadora dun proxecto internacional financiado pola Agence National de la Recherche. Durante o curso 2017-2018 foi investigadora residente no Institut d'Études Avancées de París.[1][4]

Pliego forma parte do proxecto FLAME (Framing the Late Antique and Early Medieval Economy) na Universidade Princeton desde 2015.[1][5]

Como docente, leva participando desde 2016 en programas de doutoramento de universidades como a Sorbona Paris-IV ou a Universidade de Padua, e exerce como profesora adxunta no departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Sevilla.[1][2][6]

Entre outras sociedades e institucións académicas, Ruth Pliego é membro da Royal Numismatic Society, de Londres, e da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos, de Madrid.[3] En 2023 foi recoñecida coa Medalla Huntington, outorgada pola American Numismatic Society.[7][8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ruth Pliego leva publicados máis de medio cento de artigos, fundamentalmente sobre numismática, en revistas especializadas como The Numismatic Chronicle, The American Journal of Numismatics ou The Journal of Archaeological Numismatics, así como diversos capítulos en libros e participación en obras conxuntas, e algunhas monografías:[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Pliego Ruth". ORCID.org
  2. 2,0 2,1 "Ruth Pliego". Academia.edu
  3. 3,0 3,1 3,2 "Ruth Pliego (CV)". Center for Comparative Empire and Transcultural Studies. Universität Hamburg.
  4. "Felows: Ruth Pliego". Institut d'études avancées de Paris (Paris-iea.fr).
  5. "Project Team". FLAME (Coinage.princeton.edu).
  6. "Ruth María Pliego Vázquez". Universidad de Sevilla (Us.es).
  7. "The Huntington Medal Award". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  8. "ANS Announces 2023 Huntington Award to Ruth Pliego". American Numismatic Society. 1 de marzo de 2024.