David Wineland
David Jeffrey Wineland, nado en Wisconsin o 24 de febreiro de 1944, é un físico estadounidense, laureado co premio Nobel de Física no 2012 canda Serge Haroche,[1] «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais».[2] Traballa no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) e no laboratorio de física da Universidade de Colorado en Boulder.
O seu traballo incluíu avances na óptica, arrefriamento láser de ións en trampas de Paul e o uso de ións atrapados en operacións de computación cuántica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wineland cursou os seus estudos secundarios no Instituto Encina de Sacramento, California, en 1961.[3] Obtivo a súa licenciatura en Física na Universidade de California, Berkeley en 1965 e finalizou o seu doutoramento en 1970, traballando con Norman Foster Ramsey Jr., na Universidade Harvard, desenvolvendo unha tese doutoral titulada "O máser atómico de deuterio". Logo traballou como investigador posdoutoral no grupo de Hans Dehmelt na Universidade de Washington antes de unirse á National Bureau of Standards en 1975, onde iniciou o grupo de almacenamento de ións, agora no NIST, Boulder.
David Wineland traballa na Universidade de Colorado, e desenvolveu investigacións fundamentais sobre a interacción entre a luz e a materia.
Wineland é membro da Sociedade Americana de Física, a Sociedade Óptica Estadounidense, e foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1992.
Premios
[editar | editar a fonte]David J. Wineland traballa como físico do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), do Departamento de Comercio dos Estados Unidos. Obtivo o Premio Nobel 2012 de Física, sendo o cuarto premio Nobel en física adscrito ao NIST nos últimos 15 anos.
Wineland compartiu o premio con Serge Haroche do Collège de France e a École Normale Supérieure de París, Francia, "polos métodos experimentais innovadores que permiten a medición e manipulación de sistemas cuánticos individuais".
Outros premios que recibiu son:
- 1990 Premio Davisson-Germer de Física Atómica ou de Superficies.
- 1990 Premio William F. Meggers da Sociedade Óptica Estadounidense (OSA).
- 1996 Premio Einstein para a Ciencia do Láser da Sociedade de Electrónica e Óptica Cuántica.
- 1998 Premio Rabi da Sociedade IEEE de ultrasóns, ferroelectricidade e control de frecuencia[4]
- 2001 Premio Arthur L. Schawlow en Ciencia do Láser.[5]
- 2007 Medalla Nacional da Ciencia nas ciencias da enxeñaría[6]
- 2008 Premio Herbert Walther da Sociedade Óptica Estadounidense (OSA).[7]
- 2010 Premio do Institute Franklin en Física, compartido con Juan Ignacio Cirac e Peter Zoller.
- Medalla Frederic Ives
- 2012 Premio Nobel de Física compartido con Serge Haroche.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nobel de Física para dos pioneros de la física cuántica. El Mundo, 9 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Royal Swedish Academy of Sciences (ed.). "Press release - Particle control in a quantum world". Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ Class of 1961 Graduation List. encinahighschool.com. Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ IEEE Ultrasonics, Ferroelectrics, and Frequency Control Society (ed.). "Rabi Award". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ American Physical Society (ed.). "2001 Arthur L. Schawlow Prize in Laser Science Recipient". Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ NIST, ed. (25 de agosto de 2008). "NIST Physicist David J. Wineland Awarded 2007 National Medal of Science". Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ Physics Today, ed. (20 de novembro de 2008). "OSA, DPS Name David J. Wineland Winner of First Herbert Walther Award". Consultado o 22 de xullo de 2014.