Materia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En física, a materia (do latín matería, substancia física) é calquera cousa que posúe masa, ocupa espazo e está suxeita a inercia. A materia é aquilo que existe, aquilo que forma as cousas e que pode observarse como tal; está sempre constituída de partículas elementares con masa non-nula (como os átomos, e en escala menor, os protóns, neutróns e electróns).

En filosofía, a materia é obxecto de estudos da ontoloxía, a disciplina que se preocupa en responder basicamente á pregunta "Que existe?", sendo definida nalgúns sistemas filosóficos como manifestación da realidade, en oposición á idea.

De acordo cos descubrimentos da física do século XX, tamén se pode definir materia como enerxía vibrando en baixa frecuencia. A concepción de materia en oposición a enerxía, que perduraba na Física desde a Idade Media, perdeu un pouco do sentido co descubrimento (anunciado en teoría por Albert Einstein) de que a materia era unha forma de enerxía.

Estados de agregación da materia[editar | editar a fonte]

Poden existir tres estados de agregación da materia, que varían conforme a temperatura e a presión a que se submete un corpo: o estado sólido, que é cando as partículas elementais se atopan fortemente ligadas, e o corpo posúe tanto forma canto volume definidos; o estado líquido, no cal as partículas elementais están unidas máis debilmente do que no estado sólido, e no cal o corpo só posúe volume definido; e o estado gaseoso, no cal as partículas elementais se atopan moi debilmente ligadas, non tendo o corpo nin forma nin volume definidos (coma o gas, que ocupa todo o recipiente).

Propiedades da materia[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de propiedades, as propiedades xerais que están presentes en tódolos tipos de materia e as propiedades específicas que distinguen as substancias.

Propiedades xerais[editar | editar a fonte]

  • Extensión: espazo físico ocupado pola materia.
  • Impenetrabilidade: concepto que indica que onde se atopa un corpo non pode estar outro.
  • Mobilidade: capacidade de ocupar sucesivamente diferentes posicións no espazo físico.
  • Compresibilidade: capacidade de diminución do volume baixo a acción de forzas.
  • Elasticidade: capacidade de volver a tomar a forma orixinal no momento de disipación de tódalas forzas que se lle apliquen.
  • Inercia: incapacidade de alteración por si mesmo do seu estado de repouso ou de movemento, o cal se avalía pola masa.
  • Ponderabilidade: avaliación dun corpo polo seu peso cando está suxeito a un campo gravitatorio.
  • Divisibilidade: capacidade de división en partículas menores que a orixinal.

Propiedades específicas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]