Milladoiro (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Milladoiro (música)")
Milladoiro
Milladoiro nas Festas de Narón 2008

Milladoiro en directo nas festas de Narón el 20 de xullo de 2008.
Información
Orixe A Coruña, Galicia,
Período 1978 - actualidade
Xénero(s) Folk galego
Selo(s) discográfico(s)
Membros Xosé V. Ferreirós, Antón Seoane, Nando Casal, Xosé A. Méndez, Moncho García, Harry.c, Manú Conde
Antigos membros
Web oficial www.milladoiro.com


Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado noa no 1978 na Coruña. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos mais importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Índice

[editar] Historia

O grupo orixinouse cando Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei, membros de Faíscas do Xiabre, xuntáronse con Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Estes últimos xa publicaran un disco co título de Milladoiro, de referencias medievais, no que colaborara Ferreirós. Así mesmo, Seoane e Romaní colaboraran con Faíscas no seu disco In memoriam. A formación completaríase con Xosé A. Méndez, frautista procedente da música de cámara, e Laura Quintillán, violinista de orixe uruguaia. A súa primeira actuación foi o 15 de maio de 1979, no auditorio do Colexio dos Salesianos, e nese mesmo ano editarían no seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc, cun repertorio artellado a base de música galega tradicional, composicións irlandesas e música composta polo propio Seoane.

Durante os anos o grupo foi evolucionando cara unha música ca vez máis elaborada, de aspecto clásico, pero que mantén as súas referencias na música galega. Moitos dos seus traballos son resultado de encargos para institucións, bandas sonoras de películas ou música para exposicións, nos que tamén deixa pegada o folclore galego e irlandés. Os seus discos e directos manteñen a alternancia entre o repertorio máis folk e as pezas de carácter máis concertista. Milladoiro está considerado como un dos pioneiros da modernidade no folk galego, innovando nas combinacións instrumentais pouco habituais, ou sendo o primeiro grupo folk que gravou música acompañados de pandereteiras.

O grupo ten colaborado con artistas como Paul Winter, Bill Whelan, Ana Belén, Paddy Moloney, Olga Cepa, Oskorri, Kathy Mattea, Susana Seivane, Anxo Pintos, Eileen Ivers, Rhonda Larson ou Liam O´Flynn. O grupo colaborou así mesmo nun episodio da serie Os celtas divírtense, gravado pola BBC en Galicia e Escocia.

[editar] Premios

  • Premio Goya pola banda sonora da película La mitad del cielo (1986).
  • Mención honorífica da Indie Award (en Texas, USA) (1992).
  • Premio Trasalba (2006).

[editar] Membros

[editar] Membros anteriores

[editar] Discografía

[editar] Álbums

* A Galicia de Maeloc (1979)
* O berro seco (1980)
* Milladoiro 3 (1982)
* Solfafría (1982)
* Galicia no país das maravillas (1984)
* Castellum honesti (1989)
* Galicia no Tempo (1990) Banda Sonora da exposición do mesmo nome.
* Via láctea (1993) Banda Sonora para un espectáculo de maxia.
* A xeometría da alma (1994) Banda sonora para a exposición antolóxica da pintora Maruja Mallo.
* Iacobus Magnus (1994) Gravado coa English Chamber Orchestra.
* Gallaecia Fulget (1995) Banda sonora da exposición sobre os 500 anos da Universidade de Santiago de Compostela.
* As fadas de estraño nome (1995) Gravado en directo.
* No confín dos verdes castros (1999) Encargo do Concello de Cabana de Bergantiños.
* Auga de maio (1999)
* O niño do Sol (2002)
* Adobrica suite (2002) Encargo do Padroado Municipal da Música e as Artes de Ferrol.
* 25 (2005)
* Unha estrela como guía (2006) Sobre dez temas do poeta Manuel María.
* A quinta das lágrimas (2008) Sobre textos de Fernando Pessoa, Luís de Camões, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro e José Afonso.

[editar] B.S.0.

* La mitad del cielo (1985) Banda sonora da película de Manuel Gutiérrez Aragón.
* Divinas palabras (1987) Banda sonora da película de José L. García Sánchez
* La memoria fértil (1987) Banda Sonora
* Os camiños de Santiago (1993) Banda Sonora da serie de TVE-TVG
* El rey del río (1993) Banda Sonora da película de Manuel Guitiérrez Aragón

[editar] Colaboracións

* Paul Winter Solstice Live! (1989) Nando Casal interpreta Prelude: Marcha de San Benito
* Bill Whelan The seville suite: fom Kinsale to La Coruña (1992)

[editar] Outras obras

* Travesías (1998) Obra para orquestra sinfónica
* Gloria Tibi Sit (1997) Composición do himno da Universidade de Vigo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Estévez, Xoán Manuel (1999), Milladoiro. Moito máis que un grupo de música folk, Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-304-4.
  • Pérez Pena, Marcos (2006), Milladoiro. A Galicia de Maeloc. Unha fotobiografía, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-6111-387-3.
  • Estévez, Xoán Manuel; Losada, Óscar (2000), Crónica do folc galego, Lugo. Editorial Tris Tram. ISBN 84-89377-26-X.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas