O niño do Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O niño do Sol
Álbum de Milladoiro
Publicado2002
Estudio(s)Cormorán
Xénero(s)Tradicional
Cronoloxía
Auga de maio (1999) O niño do Sol Adobrica suite (2002)

O niño do Sol é un disco do grupo tradicional galego Milladoiro gravado no ano 2002 e en Galiza, nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende e editado por Discmedi. Consta de 9 temas tradicionais e 4 composicións do grupo. Colabora a cantante galega Laura Amado. Inclúese a voz orixinal de Faustino Santalices, extraída dunha gravación de 1949 e, como pista extra, o tema de James Taylor "Millworker" cantado por Kathy Mattea con acompañamento instrumental de Milladoiro.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Canto de cego de Mondoñedo"    
2. "Sete Naos"    
3. "Praga"    
4. "O bruxo da montaña"    
5. "Abril"    
6. "Alalá das Mariñas"    
7. "Veneranda dies"    
8. "Pasacorredoiras de Santiago"    
9. "Alborada"    
10. "Os ollos de Andrea"    
11. "Aires do Valmiñor"    
12. "Errurú"    
13. "O merlo no pomar"    
14. "Millworker" (pista extra)  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]