Instrumento de percusión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Percusión")
Un par de castañolas.
Unha caixa.

Un instrumento de percusión é un instrumento musical que produce son mediante golpes contra unha superficie ou impactando unha peza contra outra, así mesmo como tamén por axitación ou raspado, con ou sen o auxilio de baquetas. Das formas de clasificación de instrumentos musicais, esta é a menos precisa e a que posúe a maior variedade de instrumentos, a maior parte dos cales posúen altura indeterminada (ou sexa, non poden ser precisamente afinados), que son utilizados primordialmente con función rítmica, como é o caso da maior parte dos tambores, os ferriños e os pratos. Os instrumentos de percusión de altura definida, como son os xilófonos, poden ser empregados con función melódica e harmónica.

Historia[editar | editar a fonte]

Os instrumentos de percusión son os máis antigos que existen. En moitos sitios arqueolóxicos encontráronse representacións de persoas danzando arredor dun tambor. Tamén se encontraron moitos obxectos musicais como toros de árbores fosilizadas, posiblemente usados como tambores primitivos, ou diversas versións de litófonos, rochas de diversos tamaños que eran dispostas sobre un tronco ou buraco no chan, usadas para producir música melódica por percusión.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Aínda colectivamente chamados instrumentos de percusión, esta categoría pode ser subdividida por diversos criterios. As formas máis comúns de clasificación dividen os instrumentos de percusión por definición do son (se poden producir notas afinadas ou non), polo método de execución (percusión, axitación ou raspado) ou polo elemento produtor do son (idiófonos, membranófonos e cordas percutidas). Mais ningunha destas formas de clasificación é cerrada, e en xeral, combínanse entre elas. Así podemos dicir que un xilófono é un idiófono percutido de altura definida e que un taiko é un membranófono percutido de altura indefinida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Instrumento de percusión

Outros artigos[editar | editar a fonte]