Laura Quintillán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Quintillán
Nacemento1956
Lugar de nacementoMontevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónviolinista
Na rede
Discogs: 1659327 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Laura Quintillán Núñez, nada en Montevideo en 1956, é unha violinista e política galega do Partido Comunista dos Traballadores de Galiza.

Papeleta dos candidatos ao Senado por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de emigrantes galegos no Uruguai. Estudou na Escola Universitaria de Música con Jorge Risi.[1] Foi membro da Orquesta Sinfónica del Sodre e da Siegerland-Orchester. En 1979 foi un dos membros fundadores do grupo Milladoiro, forma parte do grupo Tangata e actúa tamén a dúo coa súa irmá Marina. Colaborou con artistas como Emilio Cao ou Carlos Núñez. Militante do Partido Comunista do Pobo Galego cando en 2008 esa formación rompeu co PCPE integrouse en Comunistas da Galiza, o novo referente galego do PCPE, participou en varias candidaturas electorais tanto do PCPG como de Comunistas da Galiza-PCPE.

Nas eleccións municipais de 2015 foi a cabeza de lista da súa formación ao concello de Vigo. Tras o cisma no PCPE de 2019 integrouse no novo Partido Comunista dos Traballadores de España, chamado en Galiza Partido Comunista dos Traballadores da Galiza. Nas eleccións Xerais de abril de 2019 en España encabezou a candidatura deste partido ao Congreso dos Deputados pola povincia de Pontevedra, repetindo candidatura nas eleccións locais de 2019 ao concello de Vigo, nas eleccións xerais de novembro do mesmo ano e nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Escola Universitaria de Música". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 24 de abril de 2015. 
  2. "Candidaturas presentadas ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 05 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]