Acordeón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O acordeón é un instrumento musical de vento, é o máis pequeno representante da familia do órgano. Está composto dun fol que permite o desprazamento de aire, dun xogo de botóns que vibran co paso do aire e dun teclado.
[editar] Historia
O sheng apareceu arredor do 3.000 a.C. en China, considérase o máis antigo antecedente do acordeón.
O 6 de maio de 1829 o austriaco Cyrille Demian patenta o acordeón, e nos anos seguintes popularízase, despois da Segunda Guerra Mundial recúa o seu uso, ata que arredor de 1980, comeza a se recuperar a música tradicional de moitas partes de Europa, e úsanno moitos grupos de música alternativa, como Mano Negra. É frecuente o seu uso na música galega contemporánea en grupos como Berrogüetto, Os Cempés, A Compañía do Ruído ou Os Diplomáticos de Monte-Alto.

