Oskorri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oskorri
Oskorri en Bilbao, en 2008.
OrixeBilbao, País Vasco
Período1971 – presente
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Elkar
MembrosNatxo de Felipe
Antón Latxa
Bixente Martínez
Xabier Zeberio
Gorka Escauriaza
Íñigo Egia
Josu Zalbide
Antigos membrosFran Lasúen
Kepa Junkera
Na rede
www.oskorri.com
Badok: oskorri Spotify: 4gmiT7yNuaHkQIAVTXPGwP iTunes: 188232651 Musicbrainz: 5fc32874-8c64-4183-9077-258a62f8397e Discogs: 1678755 Allmusic: mn0001269597 Musikasten: oskorri Editar o valor em Wikidata

Oskorri é un grupo de música folk vasco, formado en Bilbao en 1971.

Membros[editar | editar a fonte]

Natxo de Felipe
Antón Latxa
Bixente Martínez
Xabier Zeberio
Gorka Escauriaza
Íñigo Egia
Josu Zalbide

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

Fran Lasúen
Kepa Junkera
Txarli de Pablo
Jose Urrejola
Joserra Fernández
Iker Goenaga
Aitor Gorostiza
Juantxe Aguiar

Historia[editar | editar a fonte]

Oskorri nace na época da Transición Española, nunha escena musical vasca dominada polo grupo Ez dok amairu. Tanto pola lingua en que cantaban como polas letras das súas primeiras cancións (na súa maioría poemas de Gabriel Aresti), comeza cun importante contido reivindicativo que se atempera cos anos.

Deron o seu primeiro concerto no Paraninfo da Universidade de Deusto en marzo de 1971, cunha formación na que destacaba xa Natxo de Felipe, alma máter do grupo e único fundador que continúa nel.

Publicaron o seu primeiro LP en 1975 con Sony, nun disco chamado Gabriel Arestiren Oroimenez (En recordo de Gabriel Aresti), onde presentaron varias das súas cancións con letras do poeta bilbaíno. O seu seguinte disco, Mosen Bernat Etxepare música poemas do autor do primeiro libro impreso en éuscaro, Bernat Dechepare. Cos seguintes discos foise perfilando o que despois chamaríase "son Oskorri".

Ao longo da súa carreira publicaron varios discos recompilatorios, como o Alemanian euskaraz (En Alemaña en éuscaro), Hamabost urte... eta gero hau (Quince anos... para isto) ou 25 kantu-urte (25 anos de cancións), no cal colaboraron importantes artistas da escena folk de toda Europa.

Tamén realizaron discos temáticos, como Hi ere dantzari', dedicado ás músicas de danza tradicional, Katuen testamentue, de música infantil, ou a serie de The Pub Ibiltaria, discos gravados en directo con participación do público.

Varias das súas cancións convertéronse en tradicionais no País Vasco, como "Euskal Herrian Euskaraz" ("En Euskal Herria en éuscaro"), "Aita-semeak" ("O pai e o fillo") ou "Gora ta gora beti" ("Arriba e arriba sempre"), versión da checa "Skoda lásky").

En decembro de 2006, con motivo do seu XXXV aniversario, Oskorri arranxou cancións de anteriores discos do grupo e gravou un disco coa Banda de Bilbao no teatro Arriaga, como o comezo dunha xira para celebrar o seu aniversario. Ata finais de 2008 non finalizaron a xira, tocando con bandas de música do País Vasco, Navarra, o País Vasco Francés e polo resto do país.

Tocaron coas bandas de Legazpi, Azpeitia, Zizur Maior, Pasaia, Estella, Tafalla, Tolosa, Berriozar, Gernika, Zarautz, Agurain, Araia, A SEM Santa Cecília de l'Olleria e outras moitas máis.

Discografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]