Composto químico
En química, un composto é unha substancia formada pola unión de 2 ou máis elementos da táboa periódica, nunha razón fixa. Unha característica esencial é que ten unha fórmula química. Por exemplo, o auga é un composto formado por hidróxeno e osíxeno na razón de 2 a 1 (en número de átomos).
En xeral, esta razón fixa é debida a unha propiedade intrínseca. Un composto está formado por moléculas ou ións con enlaces estables e non obedece a unha selección humana arbitraria. Por este motivo o bronce ou o chocolate son denominadas mesturas ou aliaxes pero non compostos.
Os elementos dun composto non se poden dividir ou separar por procesos físicos (decantación, filtración, destilación, etcétera), senón só mediante procesos químicos.
Índice |
[editar] Natureza dos compostos químicos
[editar] Enlaces
- Artigo principal: Enlace químico.
Os átomos na molécula non poden permanecer unidos sen enlaces. Existen dous tipos de enlaces: o un o covalente entre átomos, un exemplo é o auga que esta unido mediante un enlace covalente polar; e o enlace iónico é entre ions, por exemplo o cloruro de sodio.
Hai algunhas excepcións representado por H2, é homonuclear, ou sexa que ten átomos dun só elemento.
[editar] Comparación entre mesturas e compostos
Os compostos teñen diferentes propiedades físicas e químicas, que veñen dos seus elementos constituíntes. Este é un dos criterios principais para distinguir un composto dunha mestura de elementos ou substancias. As propiedades das mesturas son xeralmente similares ou relacionadas ás propiedades dos seus constituíntes.
[editar] Fórmula
- Artigo principal: Fórmula química.
Os químicos describen os compostos usando os símbolos químicos dos átomos enlazados. A orde destes nos compostos inorgánicos vai desde o mais electronegativo á dereita. Por exemplo no NaCl, o cloro que é mais electronegativo que o sodio vai na parte dereita. Para os compostos orgánicos existen outras varias regras.
[editar] Clasificación
Os principais compostos químicos que existen na actualidade son:
- Óxidos básicos, que están formados por un metal e osíxeno. Por exemplo, o óxido plúmbico.
- Óxidos acedos, formados por un non metal e osíxeno. Por exemplo, óxido hipocloroso.
- Hidruros, que poden ser tanto metálicos como non metálicos. Están compostos por un elemento e hidróxeno. Por exemplo, hidruro de aluminio.
- Hidrácidos, son hidruros non metálicos que, cando se disolven en auga, adquiren carácter acedo. Por exemplo, o ácido iodhídrico.
- Hidróxidos, compostos formados pola reacción entre un óxido básico e a auga, que se caracterizan por presentar o grupo oxidrilo (OH). Por exemplo, o hidróxido de sodio, ou soda cáustica.
- Oxoácidos, compostos obtidos pola reacción dun óxido acedo e auga. As súas moléculas están formadas por hidróxeno, un non metal e osíxeno. Por exemplo, acedo clórico.
- Sales binarias, compostos formados por un hidrácido máis un hidróxido. Por exemplo, o cloruro de sodio.
- Oxisales, formadas pola reacción dun oxoácido e un hidróxido, por exemplo o hipoclorito de sodio (a lavandina).
[editar] Ligazóns externas
- Enlace que explica como é a linguaxe química [1]
- Como se clasificaron os elementos e como se unen os compostos [2]
- Sobre os compostos químicos orgánicos [3]
[editar] Véxase tamén
- Enlace químico.
- Enlace covalente.
- Enlace iónico.
- Electronegatividade.
- Composto orgánico.
- Composto inorgánico.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen, pero non se atopou ningunha etiqueta <references/>