Catarina II de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catarina II de Rusia
Catherine II by F.Rokotov after Roslin (c.1770, Hermitage).jpg
Sofía Augusta Federica de Anhalt-Zerbst
Tsarina de Rusia
Período: 1682 - 1796
Antecesor: Pedro III
Sucesor: Paulo I
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 1729
Lugar: Stettin, Prusia
Falecemento: 1796
Lugar: Tsarkoie Selo, Rusia
Organización: {{{partido}}}
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Catarina II (ruso:Екатерина Алексеевна, Iekaterina Alekseievna), chamada a Grande (nacida co nome de Sofía Augusta Federica de Anhalt-Zerbst o 21 de abril de 1729 en Stettin, Prusia e falecida o 6 de novembro 1796 en Tsarkoie Selo, próximo a San Petersburgo) foi emperatriz de Rusia de 1762 a 1796. Era curmá de Gustavo III de Suecia e de Carlos III de Suecia.

Durante seu goberno realizou unha ampla reforma na sociedade rusa, modernizándoa. É considerada un exemplo de monarca do despotismo ilustrado. Grazas a esta modernización Rusia logrou obter un grande desenvolvemento e a emperatriz, aínda que sendo de orixe estranxeira, foi moi popular.

De princesa alemá a emperatriz rusa[editar | editar a fonte]

Princesa alemá, Sofía naceu na cidade de Estetino (hoxe Szczecin, en Polonia), filla do duque Cristiano Augusto de Anhalt-Zerbst e de Xoana Isabel Holstein-Gottorp. Varias descricións retratan a Sofía como unha nena curiosa e impertinente. En febreiro de 1744, con quince anos, foi vivir a Rusia, escollida pola emperatriz - a tsarina Isabel Petrovna - como esposa do seu sobriño e herdeiro, o grande duque Pedro Fedorovitch. Sofía alterou o seu nome para Catarina cando foi admitida na Igrexa Ortodoxa Rusa. A voda tivo lugar o 21 de agosto de 1745 en San Petersburgo. Catarina esforzouse por aprender a lingua rusa e a historia do seu novo país. O seu casamento revelouse un fracaso, debido á indiferenza e esterilidade de Pedro, incapaz de xerar o desexado herdeiro. Catarina ocupa parte considerábel do seu tempo a ler obras de filosofía e historia, tendo adquirido unha grande cultura. En 1754, dá a luz un neno, o futuro Paulo I, froito da relación que mantivo con Sergius Saltykov, un militar do exército; Pedro aceptou o neno como o seu fillo lexítimo.

En xaneiro de 1762, a tsarina Isabel Petrovna morre, e Pedro Fedorovitch subiu ao trono co nome de Pedro III. As súas políticas de aproximación a Prusia de Federico II, a introdución no exército das violentas técnicas de adestramento militar prusianas e a súa esixencia de que os bens da Igrexa foran administrados por funcionarios leigos provocaron un descontento xeral. Ao mesmo tempo, Catarina temía que Pedro a repudiase para casar coa súa amante, Isabel Vorontsova. En Xuño do mesmo ano, Grigori Orlov, o novo amante de Catarina e membro da garda imperial, liderou un levantamento que afastou a Pedro. O golpe, pacífico e apoiado por amplos sectores da sociedade, conduciu Catarina ao poder; Pedro acabaría por abdicar, tendo sido asasinado pouco tempo despois por Orlov. Catarina foi coroada emperatriz da Rusia o 22 de setembro de 1762 na Catedral do Kremlin de Moscova. Sería o principio dun glorioso e autocrático reinado de trinta e cinco anos.

Autócrata convencida, mostrouse, entre tanto, protectora dos “filósofos” e dos artistas franceses. Mantivo correspondencia con Voltaire. Sufocou a revolta dos cosacos (1774), reformou a administración (1775) e encoraxou a valorización das rexións de Ucraína e do Volga. En 1783 ordenou a fundación da academia rusa. No seu reinado, o territorio de Rusia creceu a expensas de Turquía (1787) e de Polonia (1793 e 1795). Durante o seu reinado enfrontouse ao Imperio Otomán, derrotándoo en varias ocasións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Catarina II de Rusia


 
Soberanos da Rusia preimperial
Coat of Arms of Moscow.png
Iván o Terrible | Simeón Bekbulatovich (O Tsar falso) | Teodoro I | Boris Godunov | Teodoro II | Demetrio II | Basilio IV | Ladislao IV | Miguel III | Alexis I | Teodoro III | Sofía Alexeiievna | Iván V (Soberano con Pedro o Grande)
 
Tsares da Rusia Imperial
Romanov Flag.svg
Pedro I | Catarina I | Pedro II | Ana Ivanovna | Iván VI | Sabela I | Pedro III | Catarina II | Paulo I | Alexandre I | Nicolao I | Alexandre II | Alexandre III | Nicolao II