Adam Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Adam Smith
AdamSmith.jpg
Data de nacemento: 5 de xuño, 1723 (bautizo)
Kirkcaldy - Fife, Escocia
Data da súa morte: 17 de xullo, 1790 (enfermidade)
Edimburgo
Ocupación: Economista e Filósofo.
Educación: Filosofía Moral
Universidade de Glasgow
Datos históricos: Considerado o pai da economía.
Obra máis importante: A riqueza das nacións - 1776

Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista e filósofo escocés.

Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Glasgow e Oxford. De 1748 a 1751 foi profesor axudante de retórica e literatura en Edimburgo. Durante este período estableceu unha estreita amizade co filósofo David Hume, amizade que influíu moito sobre as teorías economistas e éticas de Smith.

En 1751 foi nomeado catedrático de lóxica e en 1752 de filosofía moral na universidade de Glasgow. En 1763 renunciou á universidade e converteuse no tutor do 3º Duque de Buccleuch, a quen acompañou nunha viaxe por Suíza e Francia. Nesta viaxe coñeceu aos fisiócratas franceses, que defendían a economía e política baseada na primacía da lei natural, a riqueza e a orden. Smith inspirouse en esencia nas ideas de François Quesnay e Anne Robert Jacques Turgot para establecer a súa propia teoría, con diferenzas respecto á destes autores. De 1766 a 1776 viviu en Kirkcaldy. Foi nomeado director de Aduana en Edimburgo en 1778, posto que desempeñou ata a súa morte en 1790. En 1787 foi nomeado reitor honorífico da universidade de Glasgow. Adam Smith morre o 17 de xullo de 1790 debido a unha enfermidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Teoría dos sentimientos morais[editar | editar a fonte]

A Teoría dos sentimientos morais de 1759 empeza pola exploración de todas as condutas humanas nas cales o egoísmo non parece xogar un papel determinante, como aseguraba Hobbes. O que se expón é o proceso de Simpatía (ou empatía), a través do cal un suxeito é quen de poñerse no lugar doutro, aínda cando non obteña beneficio disto. Búscase criticar á concepción Utilitarista, como aparece en Hume. O desenvolvemento da obra leva ao descubrimiento do espectador imparcial, a voz interior que ditaría a propiedade ou impropiedade das accións. Este espectador imparcial pode asociarse ao concepto de supereu, de Sigmund Freud. Ao longo da obra, o autor explica a orixe e o funcionamiento dos sentimientos morais, o resentimiento, a vinganza, a virtude, a admiración, a corrupción e a xustiza. O resultado é unha concepción dinámica e histórica dos sistemas morais, en oposición a visións máis estáticas como as impartidas polas relixións. En termos filosóficos, a natureza humana estaría deseñada para avanzar fins ou causas finais, que non necesariamente son coñecidos polos suxeitos, que se guían polas causas eficientes.

A riqueza das nacións[editar | editar a fonte]

En 1776 Adam Smith escribiu a súa obra A investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións (ou A riqueza das nacións), pola cal é considerado por moitos o pai da Economía Política. Esta obra representa o intento por diferenciar a economía política da ciencia política, a ética e a xurisprudencia. Un elemento fundamental para esta diferenciación foi a crítica ao mercantilismo, corrente heteroxénea que viña desesenvolvendo nocións económicas desde o século XV, máis vencellada aos imperios coloniais que á nacente revolución industrial. Segundo a tese central de A riqueza das nacións, a clave do benestar social está no crecemento económico, que se potencia a través da división do traballo. A división do traballo, á súa vez, profundízase a medida que se amplía a extensión dos mercados e por ende a especialización. Unha particularidade da obra é a formulación de que, grazas á apelación ao egoísmo dos demais, lógrase o benestar xeral. Isto é interpretado moitas veces de xeito impreciso como que o egoísmo leva ao benestar xeral. Sen embargo, pasaxes tanto desta obra como de Os sentimentos morais deixan claro que a empatía co egoísmo do outro e o recoñecemento das súas necesidades é a mellor forma de satisfacer as necesidades propias. A obra inclúe unha filosofía da historia, onde a propensión a intercambiar exclusiva do home convértese no motor do desenvolvemento humano. Esta obra constitúe tamén unha guía para o deseño da política económica dun goberno. Os beneficios da man invisíbel do mercado só se obterán nunha sociedade ben gobernada.

Entre as súas aportacións máis importantes cabe salientar tamén:

  • A diferenciación clara entre valor de uso e valor de cambio.
  • O recoñecemento da división do traballo, entendida como especialización de tarefas, para

a redución de costes de produción.

  • A predición de posibles conflitos entre os donos das fábricas e os traballadores.
  • A acumulación de capital como fonte para o desenvolvemento económico.
  • A defensa do mercado competitivo como o mecanismo máis eficiente de asignación de recursos.

Influencia[editar | editar a fonte]

A investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións estivo suxeita a todo tipo de interpretacións. Entre elas as que máis destacan son:

  • David Ricardo: realiza unha crítica á obra, desenvolvendo máis a teoría do valor-traballo e conceptos como capital e reprodución.
  • Karl Marx: profundiza a liña de Ricardo, rescatando concepcións smithianas.
  • Milton Friedman e Rose Friedman: céntranse en temas como "A man invisíbel" e o papel do Estado. Milton e Rose Friedman escriben A libertade de elixir baseados na doutrina smithiana do libre comercio.
  • Amartya Sen: lectura renovada de Smith que retoma a Teoría dos sentimientos morais, libro de capital importancia para o campo da ética, a teoloxía e a moral. Amartya Sen destaca a importancia do sentimiento de simpatía na obra de Smith e cuestiona a estreita interpretación friedmaniana que lle atribúe ao egoísmo a harmonía do mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cohen, Fernando (Xullo 2011). Pardina, José. ed (en Español castelán) (monográfico impreso a 98 páxinas). Grandes pensadores de la historia. Las 25 cabezas más influyentes. Muy Historia. España. 29/05/2011. p. 57. ""A acumulación de capital é clave para o desenvolvemento económico"" 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Adam Smith
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Smith

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]