Mary Wollstonecraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary Wollstonecraft
Retrato por John Opie (c. 1797).

Mary Wollstonecraft, nada o 27 de abril de 1759 e finada o 10 de setembro de 1797, foi unha filósofa e escritora británica.

[editar] Traxectoria

Durante a súa curta carreira escribiu novelas, tratados, un relato de viaxe e un libro de literatura infantil. Wollstonecraft é coñecida por Vindicación dos dereitos da muller, no cal argumenta que as mulleres no son por natureza inferiores ao home, senón que tan só poden parecelo debido a que non tiveron acceso á educación axeitada. Suxire que os homes e mailas mulleres deberían ser tratados como seres racionais e imaxina unha orde social baseado na razón.

[editar] Vida persoal

Tanto por parte do público en xeral como polas feministas, a vida de Wollstonecraft foi obxecto do mesmo interese, se non maior, que as súas obras, debido ás súas relacións pouco convencionais e a miúdo tumultuosas. Tras dous romances malogrados con Henry Fuseli e Gilbert Imlay, Wollstonecraft casou co filósofo William Godwin, un dos precursores do movemento anarquista; con el tivo unha filla, Mary Shelley, autora de Frankenstein e dona do coñecido poeta romántico Percy Bysshe Shelley. Wollstonecraft morreu á idade de trinta e oito anos debido a complicacións derivadas do nacemento da súa filla, deixando tras ela varios manuscritos inacabados.

Hoxe en día, Wollstonecraft está considerada unha das precursoras da filosofía feminista. A súa temperá defensa da igualdade e os seus ataques ao feminismo convencional e á degradación da muller foron a antesala da aparición do movemento feminista. As súas ideas filosóficas e mailos seus conflitos persoais foron considerados como importantes influencias en posteriores obras de feministas.

En tanto que, en Inglaterra, se enfrontan reformistas e adversarios da Revolución francesa, Wollstonecraft non dubida en reconcilialos nun panfleto aparecido en 1792, Vindication of the Rights of Woman (Vindicación don dereitos da muller), traducido ao francés no mesmo ano so o título de Défense des droits de la femme (Defensa dos dereitos da muller). Nel oponse e recrimina a explotación de que son vítimas as mulleres máis pobres, obrigadas ao traballo asalariado ou a cobrar os seus servizos sexuais a maneira das mociñas da pequena e media burguesía, privadas, de calquera perspectiva profesional polos prexuízos e a falla de educación, reducidas a buscar a obter un bo partido.

Casa en 1797 co filósofo William Godwin, co que xa tiña un fillo. En agosto dese ano nace a segunda filla, e o 10 de setembro seguinte, morre, posibelmente dunha febre puerperal. A nena será coñecida, andando o tempo, co nome de Mary Shelley (1797-1851). Esposa do poeta Shelley foi autora da célebre novela fantástica Frankenstein ou o Prometeo moderno.

Mary Wollstonecraft foi esquecida rapidamente en Francia, e redescuberta por Flora Tristan en 1840.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas