James Madison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato do presidente Madison

James Madison, nado en Port Conway (Virginia) o 16 de marzo de 1751 e finado en Montpelier o 28 de xuño de 1836, foi un avogado e político norteamericano. Pai fundador da Constitución dos Estados Unidos e cuarto presidente dos Estados Unidos, entre 1809 e 1817,é alcumado "O Pai da Constitución".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1787 e 1788 Madison escribiu xunto con Alexander Hamilton e John Jay unha serie de ensaios publicados en distintos xornais do estado de Nova York chamados The Federalists Papers que axudaron á ratificación da Lei Fundamental e están considerados, aínda hoxe en día, entre os escritos máis importantes para a interpretación constitucional. De feito, Madison foi o autor máis prolífico dos tres e escribíu os dous capítulos máis importantes da serie, Federalist No. 10 e Federalista No. 51.

Como representante do Congreso traballou co presidente George Washington nas tarefas de formar o primeiro goberno dos Estados Unidos. Ademais, creou xunto con Thomas Jefferson o primeiro Partido Republicano (posteriormente coñecido como Partido Demócrata-Republicano) que se opoñía ás teses defendidas polo Partido Federalista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Madison


Predecesor:
Thomas Jefferson
USPresidentialSeal.jpg
Presidente dos Estados Unidos de América

1809 - 1817
Sucesor:
James Monroe