Stanisław Konarski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estanislao Konarski

Hieronim Franciszek Konarski, coñecido como Estanislao Konarski ou Stanisław Konarski, nado en Żarczyce o 30 de setembro de 1700 e finado en Varsovia o 3 de agosto de 1773, foi un educador polonés, un reformador educacional, escritor, político, un poeta, un dramaturgo, monxe de Piaristes e uns dos principais promotores da Ilustración en Polonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medalla de 1765 co retrato de Estanislao Konarski e a inscrición latina, Sapere auso.

Konarski estudou nos anos 1725 a 1727 no Collegium Nazarenum en Roma, onde se converteu en profesor de retórica. Máis tarde viaxou a través de Francia, Alemaña e Austria para completar a súa educación. En 1730 volveu a Polonia e comezou a traballar nunha nova edición da lei polaca (Volumina legum).

A partir de 1736 Konarski ensinou no Collegium Resoviense en Rzeszów e no ano 1740 fundou o Collegium Nobilium, unha escola de Varsovia para fillos das persoas de clase social alta ("szlachta"). Despois, reformou a educación de Piaristes en Polonia, dacordo co seu programa educacional (Ordinationes Visitationis Apostolicae..., 1755). As súas reformas foron un feito importante na loita do século XVIII para modernizar o sistema de educación polaco.

No comezo, Konarski estivo asociado políticamente co Rei Estanislao Leszczynski; máis tarde, coa "Familia" de Czartoryski e co Rei Estanislao II. Participou nos famosos "Xantares de quinta-feira". Estanislao II fixo unha medalla na honra de Konarski, co seu retrato e coa inscrición latina, Sapere auso.