Apoloxía (Platón)
A Apoloxía de Sócrates é unha obra de Platón na que da unha versión do discurso que pronunciou Sócrates como defensa ante o tribunal ateniense no xuízo no cal foi acusado de perverter aos mozos e de non crer nos deuses da polis.
Aínda que a súa data exacta é incerta, o texto pertence ao ciclo platónico das primeiras obras chamadas "socráticas" que Platón escribiu na súa mocidade; pensase que foi una das súa primeiras obras.
Índice |
Argumento [editar]
Na obra narrase o xuízo no que tiña que estar presente Sócrates para mostrar a súa inocencia por graves acusacións. A obra estruturase en tres partes onde vai explicando cada acto e cada cousa que pasa ao longo do xuízo.
Primeira parte [editar]
Sócrates antes de que comence o tribunal advirte que non vai utilizar palabras para convencelos senón que dirá toda a verdade e non como farían outras persoas. Sócrates empeza por deixar claro que é mentira o que os seus acusadores dixeron del e que na súa defensa sempre dirá á verdade.
Durante o xuízo explica e relata como será o desenvolvemento dos interrogatorios na súa defensa: en primeiro lugar respondera ás primeiras acusacións falsas, a continuación aos seus primeiros acusadores, e por ultimo respondera ás acusacións mais recentes.
Antes de que de comenzo fai unha diferenza, porque explica que os seus acusadores o acusan dende moito tempo atrás e que aínda que non teñan dito nada, ten na súa contra aos que o critican dende sempre, senón que ademais deles tamén están decididos a poñer en contra as demais persoas contándolles que Sócrates non cree nin creu nos deuses. A continuación menta as principais persoas que o acusan: Melito, Anito e Licon[1] eles representan aos poetas artífices. Despois continua dicindo que é acusado por mais persoas pero neste caso non sabe quen son xa que non se deron a coñecer a excepción dun certo autor de comedias[2]. Sócrates ponse a dialogar cos seus xuíces co motivo da súa acusación cando lle preguntan por que é acusado. A contestación a esta pregunta é que o acusan por ser odiado, porque é un home moi sabio e non existe outro mais sabio ca el no mundo, é dicir, non o saben valorar porque el só fala para dicir verdades nunca mentiras. Cando Sócrates se defende atacando aos seus difamadores, acusa a Melito de mentireiro, de petulante e de insolente. Sócrates empeza a facer preguntas a Melito para poder demostrar que está mentindo e que o único propósito que ten é poñer en contra aos outros insistíndolles en que non cree en ningunha clase de deuses[3]. Segue dicindo que a acusación de que no cre nos deuses é falsa xa que fai que Melito acepte que el, é dicir Sócrates, cre nos Daimones (un tipo de relixión) polo tanto é falsa a acusación contra el. Sócrates segue dicindo que ten un montón de persoas que están en contra súa, e que os sustentan. E iso é o que motivara a súa condena[4]. Logo de acabar demostrando o que pensa e acabar de explicar todo o que lle preguntan, diríxese ao xuíz dicíndolle que non ten pensado facer ningún numeriño chorando nin chamar a ningún dos seus fillos para que declaren a verdade, pois el non ten medo a morte e cumprirá todos os cargos que se lle imputen e confiara na súa sólida argumentación e na verdade para gañarse o veredicto, en cambio, o xuíz declárao culpable por 281 votos a 220.
Segunda parte [editar]
Sócrates acepta a súa condena pero parécelle estraño xa que esperaba ser condenado por máis votos na súa contra e non só por tan pouca diferenza como a de 30 votos.
Nesa época, cando un acusado era considerado culpable e o acusador pedía contra de el a pena da morte, a lei permitíalle ao acusado condenarse a si mesmo a unha destas tres penas: prisión perpetua, multa ou desterro[5]. Segundo Xenofonte non se condenou el mesmo e tampouco deixou que os seus amigos o condenaran xa que recoñecía a culpa[6]. Descarta o desterro e considera una multa de 30 minas, que é o que os seus amigos poden pagar, pero o xurado non o aceptará por consideralo unha suma moi pequena comparada co castigo imposto. A pena de morte é imposta e ese é o seu castigo.
Terceira parte [editar]
Cando xa esta decidido todo o xuízo, Sócrates dirixísese aos que o condenaron e dilles que serán castigados, que terán un gran número de censores aos quen el contiña; tamén menciona que matando xente para que non lles censuren as súas malas vidas, non é una forma honesta de desembarazarse dos censores. E mellor esforzarse en ser máis virtuoso.
Dirixísese despois aos que o absolveron e os chama Xuíces, e lles di que non deben temer a morte, que a morte non e un mal, senón un ben. Logo despídese para sempre dos seus seres queridos e de toda a xente que o apoiou e sempre o intentaron a axudar.
Notas [editar]
- ↑ Os ultimos acusadores de Sócrates foron Anito, que morreu despois lapidado no Ponto, Licon, que sostivo a acusación, e Melito.
- ↑ Refírese a Aristófanes quen o ridiculizou en varias das súas obras.
- ↑ Aquí e onde Melito cae na súa contradición fundamental.
- ↑ Nesta frase pódese apreciar claramente como Sócrates sabía de antemán que ía ser condenado.
- ↑ Sócrates no caeu nesta trampa.
- ↑ En realidade esta tería sido a pena lóxica a que, probablemente, esperaban os acusadores. O que aconteceu foi que Sócrates, ao no humillarse ante os xuíces nin ante a acusación, fixo que todo o xuízo saíse fora de control.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Platón (2004). Apología de Sócrates, Menón, Crátilo. Madrid: Alianza. ISBN 9788420657172.