Thomas Jefferson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Jefferson
T Jefferson by Charles Willson Peale 1791 2.jpg
Thomas Jefferson
Presidente dos Estados Unidos de América
Período: 4 de marzo de 1801 - 4 de marzo de 1809
Antecesor: John Adams
Sucesor: James Madison
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 13 de abril de 1743
Lugar: Shadwell (Virginia), EUA
Falecemento: 4 de xullo de 1826
Lugar: Charlottesville (Virginia), Estados Unidos
Organización: Partido Demócrata-Republicano
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Foi tamén Secretario de Estado dos Estados Unidos de América e Vicepresidente dos EUA
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político e avogado
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virginia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virginia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.

De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos Pais Fundadores máis influentes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" [1] que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a Compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert W. Tucker, e David C. Hendrickson, Empire of Liberty: The Statecraft of Thomas Jefferson (1990)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Thomas Jefferson
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Thomas Jefferson


Predecesor:
John Jay
Secretario de Estado dos Estados Unidos de América
1790 - 1793
Sucesor:
Edmund Randolph
Predecesor:
John Adams
Vicepresidente dos Estados Unidos de América
1797 - 1801
Sucesor:
Aaron Burr
Predecesor:
John Adams
Presidente dos Estados Unidos de América
1801 - 1809
Sucesor:
James Madison