Omnisciencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A omnisciencia é unha técnica narrativa caracterizada por ser narración en terceira persoa desenvolvida mediante a perspectiva daquel que ten un coñecemento total de todo o narrado e por narrar (historia), sendo quen de achegar no relato mesmo os sentimentos máis íntimos dos personaxes. O narrador omnisciente coñece os acontecementos exteriores e os sentimentos máis íntimos dos personaxes. É un narrador é extradiexético.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • Os camiños da vida de Otero Pedrayo: a obra iníciase cun diálogo. É despois do diálogo cando aparece o narrador facendo unha descrición espacial e explicando a presenza do frade no pazo dos Doncos. O narrador non se nos descobre plenamente omnisciente ata o terceiro páragrafo da novela, poi é entón cando
  • Percibe o que sente o monxe: "O monxe, baixando da montaña, experimentaba unha ledicia do corpo e da alma cruzando os Chaos" (78,21)
  • Capta as súas impresións aínda que este non as manifeste: "Figuráballe volver ó cerne do verán cando no horizonte do mosteiro xa se laiaban os aires de invernía (78,22).
  • Coñece os seus pensamentos:"Ben a coñezo, cavilaba o reverendo, por alí debe caer o mosteiro de Acibeiro" (79,4)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.