Novos movementos relixiosos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os novos movementos relixiosos son grupos relixiosos, éticos e espirituais de recente creación que non se integraron en ningunha das relixións anteriormente existentes nin tampouco foron recoñecidos coa denominación de Igrexa ou corpo relixioso.

Definición e controversia[editar | editar a fonte]

A expresión inventouna a socióloga británca Eileen Barker entre outras razóns para substituír ao termo seita, que era a palabra usada até ese momento para referirse a estes grupos relixiosos, pero que chegara a ter un significado pexorativo tras os debates dos anos 70 do século XX[1].

Nesta definición, o adxectivo novo utilízase tanto no sentido de orixe recente como para expresar a súa diferenza fronte ás relixióes preexistentes.

Algúns estudantes, especialmente de socioloxía e teoloxía, utilizan o termo "novos movementos relixiosos" para referirse a calquera relixión non recollida nas principais correntes relixiosas. Sen embargo, outros utilizan este termo para referirse ás relixións de carácter benigno, mentres que reservan o termo de "seita" para outro tipo de grupos de carácter relixioso, psicoterapeuta, político e incluso comercial, que consideraban extremadamente manipuladores e explotadores.

A utilización do termo está controvertido por varias razóns. Por unha parte, sobre o carácter "novo" (de recente orixe). Xeralmente as denominacións cristiás aparecidas antes do século XIX non están recollidas neste grupo de "novas relixións", pero non sempre, e así o emprego da expresión para designar certos movementos relixiosos minoritarios tales como as Testemuñas de Xehová ou os mormóns é discutíbel, porque existen desde o século XIX [1].

Aínda máis. Algúns autores establecen que se utiliza para referirse ás relixións xurdidas do novo contexto mundial tras a Segunda Guerra Mundial. Pero outros, sen embargo, remóntanse á fe Bahai do século XIX, mentres que outros o fan a partir da relixión Sikh do século XVII.

Por outra parte, a palabra "relixioso" ten igualmente un problema: rexéitana certos movementos que definen as súas prácticas como espirituais, e non relixiosas [2]; pola contra, os adversarios da ciencioloxía néganlle a esta calquera carácter relixioso.

Pese a estes defectos, a expersión emprégase pola maior parte dos sociólogos [3] [4] e universitarios [5].

Actualmente aínda non rematou o debate académico entre as palabras seita e novo movemento relixioso.

Novo no sentido de "diferente ás demais relixións" non presenta ningún tipo de discordia entre os expertos. Algúns autores tamén consideran a grupos que, se ben pertencen a unha das relixións recoñecidas, se consideran relixións separadas, ou non se integran baixo a mesma denominación.

Segundo os seus detratores, a utilización deste termo é un medio para que as seitas destrutivas adquiran unha imaxe respectábel. [6]

Exemplos de novas relixións[editar | editar a fonte]

As novas relixións son moi diferentes en canto ás súas crenzas, prácticas, formas de organización e aceptación social. Algúns autores, como Irving Hexham e Karla Poewe, propuxeron denominar ás novas relixións como subculturas globais, sobre todo en casos nos que un grupo logrou integrantes de varias nacións.

En xeral, o número de persoas pertencentes ás novas relixións é moi inferior ao dos fieis das grandes relixións. Sen embargo, as novas relixións gañaron moitos adeptos en África, Xapón e a Melanesia.

En África documentouse a aparición dunhas 6000 novas igrexas indíxenas desde os anos 60 do século XX. En Xapón xurdiron novas relixións baseadas no sintoísmo e o budismo, algunhas no século XIX durante a dinastía Meiji, e otras a raíz do final da II Guerra Mundial.

Ao redor do 25 % das relixións do mundo encóntranse na Melanesia, é dicir, en arquipélagos tales como Papúa Nova Guinea, as Illas Salomón, Vanuatu e Fixi. A isto débese a importancia das novas relixións neste importante foco de diversidade cultural.

Na época da súa creación, as máis das grandes relixións actuais tamén se consideraban "novas relixións. Por exemplo, o cristianismo foi considerado tanto polo Xudaísmo como poa cultura romana como un sacrilexio ás doutrinas existentes. Á súa vez, o protestantismo considerouse unha "nova relixión" escindida do catolicismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Nouveaux mouvements religieux" : une expression dépassée ? Entrevista de Massimo Introvigne no sitio Religioscope (en francés)
  2. Les nouveaux mouvements religieux, artigo de Jean-François Mayer, Encyclopédie des religions Universalis, 1991
  3. Sectes, Églises et nouveaux mouvements religieux, artigo de Nathalie Luca no sitio Eduscol (en francés)
  4. Os novos movementos relixiosos son un fenómeno que supón un desafío ás tipoloxías existentes. O concepto de "seita", longamente utilizado, de maneira específica polos sociólogos pero igualmente de meneira menos rigorosa por todo o mundo, non substúe o seu papel. De Bryan Wilson, “The New Religions: Some Preliminary Considerations”, Japanese Journal of Religious Studies, 6/1-2 (1979), 195 e en New Religious Movements: A Perspective for Understanding Society, ed. E. Barker, (New York & Toronto: The Edwin Mellen Press, 1982).
  5. Ver igualmente os universitarios americanos que utilizan o termo neste documento do FBI (en francés)
  6. No sitio da UNADFI (Union Nationale des Associations de Défense des Familles et de l'Individu Victimes de Sectes) (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]