Brahma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brahma

Brahma (sánscrito: ब्रह्मा) é o deus (deva) hindú da creación e un dos Trimurti, xunto con Vishnu e Shiva.

De acordo co Brahma Purana, é o pai de Mānu de quen descenden tódolos seres humanos. O Ramayana e o Mahābhārata, soen referirse a el coma o proxenitor ou o grande avó de tódolos seres humanos. Non debe confundirse co Espírito Cósmico Supremo da filosofía hindú Vedānta coñecido coma Brahman, que non ten xénero. A consorte de Brahmā é Sāvitri e Gāyatri. Saraswati, a deusa da aprendizaxe, séntase tras del. Brahmā sóese identificar con Prajapati, unha deidade védica.