Jan Swammerdam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Swammerdam

Jan Swammerdam, nado o 12 de febreiro de 1637 e morto o 17 de febreiro de 1680, foi un científico dos Países Baixos, un dos pioneiros no uso do microscopio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jan era fillo dun farmacéutico de Amsterdam que era coñecido pola súa colección de historia natural. Apoiou as ideas de Descartes en relación á maneira como a natureza debe ser abordada. Estudou anatomía cun coñecido profesor de Leiden da altura, Franciscus de le Boë Sylvius, e foi un espírito creativo no que respecta aos posíbeis usos do microscópio no estudo do corpo humano. Descubriu os glóbulos vermellos e describiu as estruturas do cerebro, pulmóns e medula espiñal humanos.