Joseph Priestley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Priestley.jpg

Joseph Priestley, nado en Birstall o 13 de marzo de 1733 e falecido en Northumberland o 6 de febreiro de 1804, foi un teólogo británico.

Foi clérigo disidente, ademais filósofo natural, educador, teórico e político. Publicou máis de 150 obras. Adoita estar recoñecido como descubridor do osíxeno aillado no seu estado gasoso, a pesar de tamén se lle atribúe o descubrimento a Carl Wilhelm Scheele e Antoine Lavoisier.