Escepticismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[edit]
Sanzio 01 cropped.png
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

O escepticismo (do grego:Skeptomai examinar con detalle) é unha posición de dúbida ou incredulidade referida a un asunto en concreto ou ao coñecemento en xeral.

Índice

[editar] Escepticismo filosófico

Hai varias escolas de pensamento que se poden encadrar como escépticas, a primeira delas o Pirronismo, fundada por Pirro de Elis que afirmaba a imposibilidade do coñecemento da natureza das cousas. Despois no período da nova academia platónica anterior ao século I adC, do que o máis esgrevio representante é Carneades

[editar] Escepticismo científico

Actualmente un escéptico científico é alguén que non acepta certo tipo de afirmacións sen sometelas a unha investigación sistemática e científica. Seguindo a máxima de David Hume "As afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias", este proceso aplica rigorosamente o método científico e require que as teorías sexan falsábeis, é dicir, que se poidan contrastar para a súa aceptación ou refutación.

Algúns temas cuestionados polos escépticos científicos son as chamadas pseudociencias (tales como a homeopatía e a criptozooloxía), a plausibilidade do sobrenatural (pantasmas, poltergeists, anxos, deuses); crenzas como o Reiki, a existencia de telequinese, videncia, telepatía; ou temas como o Bigfoot, o monstro do lago Ness, ovnis, os círculos das colleitas, a astroloxía, o creacionismo, a radioestesia, as teorías da conspiración e outras afirmacións cuxa veracidade os escépticos ven improbábel en termos científicos.

Como resposta ao escepticismo científico, desde ámbitos pseudocientíficos e esotéricos acuñouse o termo pseudoescepticismo para referirse ao escepticismo, alegando que negan sen achegar probas e por considerar o termo pseudociencia como pexorativo. Con todo, a pesar de que a carga da proba non debería caer sobre o escéptico, cando estes presentaron obxeccións fundadas creáronse ad hoc novas hipóteses non demostradas, como son a memoria da auga para explicar as disolucións diluídas no caso da homeopatía ou as teorías da conspiración para explicar a falta de confirmación dos gobernos no caso da ufoloxía.

[editar] Relixión

En relixión o escepticismo refírese á dúbida sobre principios relixiosos básicos. Isto pode referirse ao feito relixioso en xeral ou a aspectos concretos dunha relixión, como milagres ou aparicións.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas