Pierre Bayle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierre Bayle

Pierre Bayle, nado en 1647 e finado en 1706, foi un escritor e filósofo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Carla-le-Comte, preto de Pamiers (Ariège), educouno o seu pai, ministro calvinista, e logo estudou en Puylaurens e en 1669 entrou na Universidade xesuíta de Tolosa, convertido ao catolicismo, dezasete meses despois volveu ao protestantismo e fuxiu a Xenebra, para evitar a persecución debida á revocación do Edicto de Nantes por Luís XIV, alí entrou en contacto coa obra de René Descartes.

Durante anos foi titor de varias familias parisienses baixo o nome de Bèle ata que en 1675 foi nomeado profesor de filosofía na Universidade protestante de Sedan ata que en 1681 quedou suprimida. Nomeado profesor de filosofía e historia na Ecole Illustre en Róterdan, alí publicou en 1682 Pensées diverses sur la comète de 1680 e a súa crítica do traballo de Louis Maimbourg sobre a historia do calvinismo, que lle deu unha gran reputación en medios calvinistas.

En 1684 comezou a publicación de Nouvelles de la république des lettres, unha gaceta de crítica literaria, que constituíu o primeiro intento de popularizar a literatura. O seu Dictionnaire historique et critique constituíu un precedente de L'Encyclopédie.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]