Gaspar Melchor de Jovellanos
| Gaspar Melchor de Jovellanos | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 5 de xaneiro de 1744 | ||
| Lugar: | Xixón, Asturias |
||
| Falecemento: | 27 de novembro de 1811 | ||
| Lugar: | Veiga, Navia, Asturias |
||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Filósofo | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Baltasar Melchor Gaspar María de Jove Llanos y Ramírez, máis coñecido como Gaspar Melchor de Jovellanos, nado en Xixón o 5 de xaneiro de 1744 e finado en Veiga, Navia, o 27 de novembro de 1811, foi un escritor e político español.
Índice |
Primeiros anos[editar]
Naceu no seo dunha familia nobre xixonesa, aínda que sen fortuna. En 1757 marcha a Oviedo para estudar filosofía na súa universidade, en 1760 baixo a protección do bispo local vai a Ávila para comenzar os estudos de leis e canons en 1764 no Colexio Maior San Ildefonso de Alcalá, logo de licenciarse ocupou en 1767 a praza de maxistrado da Real Audiencia de Sevilla. En 1775 foi un dos promotores da Sociedad Patriótica Sevillana, da que secretario de artes e oficios.
Madrid[editar]
En 1778 consegue o traslado á Real Audiencia de Madrid, en parte grazas á influencia do duque de Alba, a quen tratara en Sevilla. En Madrid entra na tertulia de Campomanes, e en 1780 entrou no Consello de Ordes Militares. En 1782 formou parte da comisión que puxo en marcha o Banco de San Carlos, foi membro da xunta de comercio da Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid e dende decembro de 1784 o seu director. Plenamente integrado na vida cultural madrileño foi membro da Real Academia da Historia (1779), da Real Academia de San Fernando (1780) e da Real Academia Española (1781). Tras a caída do seu amigo Francisco de Cabarrus Jovellanos viuse obrigado a marchar da Corte, establécese na súa cidade natal.
Asturias[editar]
En 1790 redactou un Informe sobre espectáculos que lle encargara a Academia da Historia e viaxa por Asturias, Cantabria e País Vasco para coñecer a situación das minas de carbón e as perspectivas do seu consumo, Jovellanos xa se mostrara favorable ao aumento da produción, para o que era preciso liberalizar a explotación de mineral. tras as súas viaxes mineiras presentou nove informes cos resultados da súa comisión e conseguiu que se liberalizase parcialmente en 1793.
Entre 1790 e 1791 viaxa varias veces a Salamanca para encargarse da reforma dos Colexios das Ordes. Como subdelegado de camiños en Asturias (1792) tentou acelerar a conclusión das obras da estrada a Castela (que comezara en 1771), na procura de finalizar co illamento de Xixón, pero a falta de fondos imposibilitaría o seu remate.
A iniciativa de Jovellanos creouse en 1794 o Real Instituto Asturiano de Náutica e Minerealoxía en Xixón, no que tentou aplicar as ideas da Ilustración no ensino, dándolle prioridade ás ensinanzas prácticas.
Últimos anos[editar]
Tras a alianza coa Francia revolucionaria, Manuel Godoy pretendía realizar certas reformas e contar cos máis importantes dos ilustrados, ofreceulle a Jovellanos o posto de embaixador en Rusia que este rexeitou, pero o 10 de novembro de 1797 aceptou o posto de ministro de Gracia e Xustiza, dende alí tentou reformar da xustiza e diminuír a influencia da Inquisición, pero tras nove meses no goberno cesou o 16 de agosto de 1798 e voltou a Xixón, alí proxectou a creación dunha Academia Asturiana que tería como función o estudo da historia e da lingua asturiana, e elaborou 200 papeletas de léxico do asturiano.
En decembro de 1800, tras a destitución de Mariano Luis de Urquijo como ministro de Estado, volta Godoy ao poder, que ordena a detención de Jovellanos o 13 de marzo de 1801 e ao seu envío a Mallorca, primeiro ao mosteiro de Valldemossa e logo á prisión do castelo de Bellver, durante os anos de prisión empeoran os seus problemas físicos e aumenta a súa relixiosidade, liberado o 6 de abril de 1808, tras o motín de Aranjuez, rexeitou formar parte do goberno de Xosé Bonarparte e representou a Asturias na Xunta Central e dende alí contribuiu a reformar as Cortes, tras instauración da Rexencia deixa Cádiz e chega a Muros o 6 de marzo de 1810, alí permanece varios meses e escribe a xustificación política da súa actuación na Xunta Central, Memoria en defensa de la Junta Central que se imprimiu na Coruña. Logo da marcha dos franceses de Xixón, o 27 de xullo de 1811 deixou Galicia e voltou a Xixón, aínda que un contratraque dos franceses fixeron que tivera que marchar unha vez máis, xa enfermo de pulmonía morre en Veiga o 27 de novembro de 1811.
Escritos[editar]
Jovellanos escribiu poesía e teatro, aínda que os seus principais escritos foron ensaios de economía, política, agricultura, filosofía e costumes elaborados dende o espírito reformador do Despotismo Ilustrado. Entre elas destacan o Informe sobre la ley agraria que escribiu nunha primeira versión en 1787 pero que non enviou ata 1784 á Sociedade de Amigos do País de Madrid, quen a remitiu ao Consello de Castela e que se publicou en 1795. Nela Jovellanos móstrase partidario de eliminar os obstáculos á libre iniciativa, que dividía en tres clases: polítiocs, morais e físicos. Entre eles estaban os baldíos, a Mesta, a fiscalidade, a falta de coñecementos útiles dos propietarios e labregos, as malas comunicacións e a falta de regadíos, canles e portos. Para corrixir esta situación Jovellanos propón que os baldíos e montes en man común pasaran a propiedade privada, disolver a Mesta, cercar as fincas, e que os arrendamentos estivesen baseados no pacto libre entre os colonos e os propietarios, ademais da limitación dos morgados e a supresión da amortización eclesiástica ou da eliminación das trabas sobre os agricultores, alén da reforma dos impostos. A isto habería que engadir a reforma do ensino, para o facer máis práctico, dándolle máis importancia ás materias científicas, e o investimento do Estado en obras públicas. Estas medidas crearían as condicións para a constitución dun mercado de terras, un aumento da produción e a creación dun mercado nacional unificado que posibilitarían que aumentase a poboación e o seu nivel de vida que serviría de base para o inicio da industrialización.
Memoria sobre espectáculos y diversiones públicas e Cartas del viaje de Asturias. Nas que se ensalza o valor da razón fronte ás crenzas, crítica a política da época e dá ideas para potenciar o comercio e a industria.
Durante a súa estadía en Sevilla foi un dos participantes na tertulia de Pablo de Olavide, o que influiu para que comezase a escribir poesía amoroso e redactou a primeira versión da traxedia El Pelayo (1769) e a comedia El delincuente honrado (1773). Tamén traduciu o primeiro libro de Paradise Lost (Os paraísos perdidos).
Jovellanos impulsou melloras na súa cidade natal, como a estrada Xixón-León, que significou o traslado do comercio marítimo de Avilés a Xixón.