Lactancio
Lucius Cæcilius Firmianus, dito Lactantius (Lactancio) foi un retórico nado cara 250 e morto arredor de 325.
Biografía [editar]
De orixe pagá e alumno de Arnobio, un retórico cristián, en certa altura instalouse en Nicomedia, en Bitinia. Esta decisión foi desafortunada, pois a cidade era de lingua grega e Lactancio achou poucos alumnos. Perdería o traballo cando a grande persecución do emperador Diocleciano. De xieito que tentou ocupar os eu ocio escrebendo. Ao final da súa vida atopou a gracia do emperador Constantino I, que o chamou a Tréveris e o encargou de ensinarlle literatura latina ao seu fillo maior Crispo (317). Morreu poucos anos despois, seguramente na mesma cidade de Tréveris, unha das capitais do Imperio romano occidental.
Obras [editar]
As cartas e versos anteriores á súa conversión ao cristianismo perdéronse. Logo de converterse as súas obras están dominadas por un tema central: a Providencia. O seu libro principal, as Diuinae institutiones (Institucións divinas), está formado por 7 obras, nas que tenta explicar aos pagáns - polo menos aos que posúen instrución -, que o politeísmo é indefendible e que a razón obriga a admitir os dogmas e a moral do cristianismo. Foi tamén autor de De Mortibus Persecutorum (Sobre a morte dos perseguidores), unha obra polémica, escrita entre 318 e 321, na cal afirma que os emperadores perseguidores do cristiáns foron malos emperadores e tiveron unha morte atroz, como castigo divino ; mais non menciona que entre aqueles que el considerou como bos emperadores algúns puxeran en marcha medidas contra os cristiáns, como Traxano, Marco Aurelio ou Septimio Severo.
Atribúeselle ademais o Carmen de aue phoenice (Oda da ave fénix), un dos textos máis ricos sobre esa ave fabulosa.