Luigi Galvani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luigi Galvani
Luigi Galvani, oil-painting.jpg
Luigi Galvani
Datos persoais
Nacemento 9 de setembro de 1737
Lugar Boloña Estados Pontificios
Italia Italia
Falecemento 4 de decembro de 1798
Lugar Ídem
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Italia Italia
Nacionalidade Italiano
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
  • Jacopo Bartolomeo Beccari
  • Domenico Galeazzi.
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Luigi Galvani nado o 9 de setembro de 1737 en Boloña, Italia, e finado o 4 de decembro de 1798 no mesmo lugar, foi un médico, fisiólogo e físico italiano; os seus estudos permitíronlle descifrar a natureza eléctrica do impulso nervioso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros anos adicounos a investigación anatómica e a practica cirúrxica, e a partir aproximadamente de 1780, Galvani comezou a incluír nas súas conferencias pequenos experimentos prácticos que demostraban aos estudantes a natureza e propiedades da electricidade. En 1791 nunha destas experiencias, o científico demostrou que, aplicando unha pequena corrente eléctrica á medula espiñal dunha ra morta, producíanse grandes contraccións musculares nos seus membros.[1] Estas descargas podían lograr que as patas (mesmo separadas do corpo) saltasen igual que cando o animal estaba vivo.

Alessandro Volta.

O médico descubrira este fenómeno mentres disecaba unha pata de ra. O seu bisturí tocou accidentalmente un gancho de bronce do que colgaba a pata; produciuse unha pequena descarga, e a pata contraeuse espontaneamente. Mediante repetidos e consecuentes experimentos, Galvani convenceuse de que o que se vía eran os resultados do que chamou "electricidade animal". Galvani identificou a electricidade animal coa forza vital que animaba os músculos da ra, e invitou aos seus colegas a que reproducisen e confirmasen o que el fixera.

Fíxoo así na Universidade de Pavía o colega de Galvani, Alessandro Volta, quen afirmou que os resultados eran correctos pero non quedou convencido coa explicación de Galvani. Os cuestionamentos de Volta fixeron ver a Galvani que aínda restaba moito por facer. A principal traba á súa explicación era o descoñecemento dos motivos polos que o músculo se contraia ao recibir electricidade. A teoría obvia era que a natureza do impulso nervioso era eléctrica, pero faltáballe demostrala.

As causas[editar | editar a fonte]

O fisiólogo chamou a esta forma de producir enerxía "bioelectroxénese". A través de numerosos e espectaculares experimentos –como electrocutar cadáveres humanos para facelos bailar a "danza das convulsións tónicas"– chegou á conclusión de que a electricidade necesaria non proviña do exterior, senón que era xerada no interior do propio organismo vivo, que, unha vez morto, seguía conservando a capacidade de conducir o impulso e reaccionar a el consecuentemente.

Pensou correctamente que a electricidade biolóxica non era diferente da producida por outros fenómenos naturais como o raio ou a fricción, e deduciu con acerto que o órgano encargado de xerar a electricidade necesaria para facer contraer a musculatura voluntariamente era o cerebro. Demostrou así mesmo que os "cables" ou "conectores" que o cerebro utilizaba para canalizar a enerxía ata o músculo eran os nervios.

Base de toda unha ciencia[editar | editar a fonte]

Coas súas explicacións, Galvani desestimaba por fin as antigas teorías de Descartes que pensaba que os nervios eran tan só caños que transportaban fluídos. A verdadeira natureza do sistema nervioso como un dispositivo eléctrico enormemente eficiente fora comprendida por fin.

Desafortunadamente, en tempos de Galvani non existían instrumentos de medición capaces de determinar os escasos niveis de voltaxe que circulan polos nervios: a tarefa quedou necesariamente en mans de científicos posteriores dotados dunha tecnoloxía máis avanzada.

Os estudos de Luigi Galvani inauguraron unha ciencia enteira que non existía ata ese momento: a neurofisioloxía, estudo do funcionamento do sistema nervioso na que se basea a neuroloxía.[2]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Galvani conservou a súa cadeira de profesor titular da Cátedra de Anatomía na súa universidade durante 35 anos (1762-1797). En pouco tempo, a súa enorme capacidade para a cirurxía valeulle tamén o nomeamento como xefe de obstetricia do Instituto de Ciencias, e ademais foi nomeado director en 1772.

Así a todo, cando a nova República Cisalpina, fundada por Napoleón Bonaparte despois da súa ocupación do norte de Italia, Bolonia incluída, impuxo a cada profesor universitario xurar lealdade á nova autoridade. Galvani, que estaban en desacordo coa confusión social e política exercida polos franceses en Bolonia, e que sentía este xuramento de fidelidade contrario ás súas crenzas relixiosas, se negou a facelo, a canda algúns dos seus colegas, e como consecuencia a nova autoridade desposuíuno de tódolos seus cargos académicos e públicos, privándoo do apoio financeiro, e o que fora o seu mundo durante toda a súa vida esborrallouse.[3]

Galvani morreu en Bolonia, na casa do seu irmán, menos dun ano máis tarde.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Estatua de Galvani fronte á Universidade de Boloña.

A partir da publicación en 1791 do seu libro De viribus electricitatis in motu musculari commentarius, o fenómeno galvánico fíxose público e coñecido en todo o mundo, e comezou a ser estudado por gran cantidade de científicos.

Máis aló da obvia natureza fundacional do descubrimento de Galvani con respecto ás modernas neurociencias, tivo outras consecuencias non menos transcendentes. A súa disputa con Alessandro Volta acerca da natureza da electricidade suxeriu a este último o deseño e desenvolvemento da primeira pila voltaica, mentres estimulaba a outros investigadores como Benjamin Franklin e Henry Cavendish a profundar nos seus estudos sobre o particular.

A teoría do galvanismo, popular a principios do século XIX, xorde dos experimentos realizados por Galvani, e o seu nome permanece ademais en palabras coma galvánico, galvanizar, galvanización e outras máis formadas a partir do prefixo galvano-.[4]

No ámbito literario, a novela Frankenstein da escritora británica Mary Shelley reflicte, nun contexto de terror, os impresionantes experimentos de Galvani e os seus seguidores acerca da aparente "reanimación" de cadáveres mediante a aplicación de descargas eléctricas, aínda que Shelley non fai referencia ningunha ao método co que Frankestein consegue crear un ser vivo.

O cráter Galvani da Lúa leva este nome por el.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luigi Galvani