Eusebio de Cesarea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato apócrifo de Eusebio

Eusebio de Cesarea, nado en Cesarea de Palestina contra o 265 e finado contra o ano 340, foi un bispo e escritor en grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo de Pánfilo de Cesarea, en colaboración co cal redactou os primeiros cinco libros da Apologia ad Origenes, escapou das persecucións anticristiáns de Diocleciano e no ano 313 foi elixido bispo de Cesarea, gozando da amizade do emperador Constantino I.

Respecto da herexía de Arrio, Eusebio tivo, no Primeiro Concilio de Nicea, unha actuación comprometida, ao asinar a condena de Arrio, mais refugando ao tempo condenar as teses do maior expoñente do partito niceano, é dicir do bispo santo Atanasio.