Jacques-René Hébert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacques René Hébert

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jacques-René Hébert Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1757 Editar o valor em Wikidata
Alençon, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1794 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCimetière des Errancis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , editor literario , político , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoClube dos Cordeliers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
5 de maio de 1789Revolución Francesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 39e106fb-82a6-4c41-893f-c2a948072ce7 Editar o valor em Wikidata

Jacques René Hébert, nado en Alençon o 15 de novembro de 1757 e finado en París o 24 de marzo de 1794, foi un político, revolucionario e xornalista francés. Era editor do xornal radical Le Père Duchesne (O Pai Duchesne) durante a Revolución francesa. Os seus seguidores eran coñecidos como hebertistas. El mesmo era chamado algunhas veces Pai Duchesne, como o seu xornal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Fillo do xoieiro Jacques Hébert (morto en 1766) e de Marguerite Beunaiche da Houdrie (1727-1787). Nado en Alençon e membro dunha familia burguesa, fundou o diario Le Pére Duchesne (1790), o cal acabou dous anos despois por representar aos intereses revolucionarios máis radicais de esquerda.

Ingreso ao Club dos Cordeliers[editar | editar a fonte]

En 1791, ingresou no Club dos Cordeliers onde exerceu notable influencia, e, dous anos máis tarde, resultou nomeado substituto do procurador da Comuna de París. O 22 de decembro de 1792, noméase segundo substituto do Fiscal da comuna de París. Durante abril e maio de 1793, Hébert é dos que acusan aos Xirondinos de traidores ao pobo. O seu renome e popularidade refórzanse notablemente, e logra transformarse nun dos xefes da Revolución en marcha.

De ideoloxía anticlerical, antinobiliaria e antimonárquica, logra o apoio dos sectores máis esquerdistas. A pesar de ser hostil ao catolicismo, mencionou a Xesús como "o mellor xacobino", por militar, segundo Hebért, a favor da "beneficencia, a fraternidade, a liberdade, a igualdade, o menosprezo das riquezas".

Tempo despois, pasou a ser o xefe da facción radical dos montagnards (membros do á esquerda do partido coñecido como A Montaña) desde xuño de 1793, logo de ser arrestado polos seus ataques aos xirondinos.

Radicalización[editar | editar a fonte]

Tras a morte de Jean-Paul Marat, a súa ideoloxía tende a radicalizarse cada vez máis. Os días do 4 e 5 de setembro de 1793, onde os sans-culottes invaden a Convención e impoñenlle a aplicación do Terror, son un éxito persoal para Hébert. De setembro de 1793 a xaneiro de 1794, inflúe continuamente na Asemblea para a sanción de distintas leis (Lei dos sospeitosos, Lei do máximo xeral).

Foi un militante convencido a favor da condena a morte de María Antonieta, por distintos delitos. A virulencia das súas propostas políticas alarmaron ao propio Robespierre, a quen Hébert acusaba de conservador. O seu descontento con Robespierre acentuouse cando este último decretou a liberdade de culto sobre o ateísmo.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

O 7 de febreiro de 1792, Hébert contraeu matrimonio con Marie Marguerite Françoise Hébert (nada Goupil), exrelixiosa do convento da Concepción (rue Saint Honoré). Tiveron unha filla entre ambos, Scipion - Virginia (7 de febreiro de 1793-13 de xullo de 1830).

Morte[editar | editar a fonte]

Foi arrestado o 14 de marzo de 1794 e, tras ser condenado a morrer na guillotina, foi executado dez días máis tarde en París. A súa esposa tamén foi guillotinada.