John Wycliffe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Wycliffe, nado en Hipswell, Yorkshire, Inglaterra, cara ao 1320, e finado en Lutterworth, Leicestershire, o 31 de decembro de 1384, foi un predicador, teólogo e filósofo escolástico inglés. Foi un dos primeiros disidentes da Igrexa Católica Romana durante o século XIV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor na Universidade de Oxford, predicou contra o clero da época e propuxo unha serie de profundas reformas relixiosas inspiradas na Biblia. Os seus seguidores foron os lolardos, considerados precursores da Reforma Protestante, opoñéndose mesmo á autoridade do Papa. Por este motivo, Wycliffe ten sido alcumado como a "Estrela da Mañá da Reforma". Tamén levou a cabo unhas das primeiras traducións da Biblia a unha lingua vernácula, en concreto ao inglés, completada en 1382 e coñecida co nome de Biblia de Wycliffe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]