Jan Hus
Jan Hus, tamén coñecido como Jan de Hussenitz, nado en Hussenitz (Bohemia do Sur) en 1370 e morto en Constanza (Alemaña) o 6 de xullo de 1415, foi un teólogo, filósofo, reformador e predicador bohemio, que se desempeñou como mestre na Universidade Carolina de Praga. Os seus seguidores coñécense como Husitas.
Índice |
Infancia [editar]
Fillo dun campesiño pobre que morreu de xeito temperán, foi criado con moitísimo esforzo pola súa nai. A súa piedade e fervor relixioso manifestáronse nel dende a súa nenez, pois participou como monaguillo e cantou no coro da igrexa. As lecturas piadosas apaixoábanlle. Certa noite que lía a vida de San Lourenzo preto da cheminea, achegou a súa man ao lume para probar ata onde sería capaz de soportar os tormentos que Lourenzo sufrira.
Déuselle a mellor educación que permitían as súas circunstancias; e tendo adquirido un bo coñecemento dos clásicos nunha escola privada na provincia de Bohemia onde adquiriu o titulo de Bacharel en Divinidade en 1398, admitíuselle na universidade de Praga por caridade, onde axiña deu probas da súa capacidade intelectual, e onde se destacou pola súa dilixencia e aplicación ao estudo.
Carreira [editar]
Hus foi ordenado sacerdote en 1400 e nomeado predicador, primeiro na Igrexa de San Miguel e logo na Capela de Belén en 1402, onde se predicaba exclusivamente en checo. Alí fustigaba a relaxación moral do clero. Participou no movemento político-social xurdido da escola de predicadores de Milia de Kromeriz, que defendían un retorno ao cristianismo primitivo e oposición á xerarquía. En 1401 obtivo o cargo de Decano da Facultade de Arte e Filosofía, e para 1409 foi nomeado rector da Universidade de Praga.
Hus impulsou desde 1408 un movemento cristián baseado nas ideas de John Wycliff. Os seus seguidores foron chamados Husitas e multiplicáronse en momentos nos que a Igrexa católica sufría a crise do chamado Cisma de Occidente, cando exercían dous papas, aos que en 1409 agregouse un terceiro, Alexandre V, que condenou o movemento husita e excomungou a Jan Hus. Convocado o Concilio de Constanza co fin de reunificar á Igrexa católica, Hus acudiu a defender os seus puntos de vista, pero foi condenado alí a morrer na fogueira e o 6 de xullo de 1415 foi queimado vivo.
Antes de ser queimado, Hus dixo as seguintes palabras ao verdugo: "Vas asar un ganso (hus significa ganso en lingua bohemia), pero dentro dun século atoparaste cun cisne que non poderás asar." Adóitase identificar a Martín Lutero con esta profecía (102 anos despois cravou as súas 95 teses en Wittenberg), e comunmente adoitaselle identificar cun cisne.
Hus foi un precursor do protestantismo. Os seus escritos gañáronlle un lugar importante na literatura checa. Jan Hus estudou na escola de Latín en Praga e grazas a isto introduciu os símbolos diacríticos na escritura da lingua checa, especialmente o Háček co que cada son podía ser escrito mediante un único símbolo e se simplificaba a escritura.
A Jan Hus dedicóuselle un conxunto escultórico na Praza da Cidade Vella (Staroměstské náměstí) de Praga.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "O movemento husita e o legado de Jan Hus", artigo en www.czech.cz (en castelán).