Isaac Newton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Isaac Newton
GodfreyKneller-IsaacNewton-1689.jpg
Sir Isaac Newton
Datos persoais
Nacemento 4 de xaneiro de 1643
Lugar Inglaterra Woolsthorpe, Inglaterra
Falecemento 31 de marzo de 1727 (84 anos)
Lugar Kensington, Gran Bretaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado Abadía de Westminster
Residencia Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade Inglés (despois británico)
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Física, Matemáticas, Filosofía natural, Astronomía, Teoloxía, Alquimia e Economía
Alma mater Trinity College, Cambridge
Instituacións Universidade de Cambridge
Royal Society
Royal Mint
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese {{{director_tese}}}
Alumnos tese {{{alumnos_tese}}}
Alumnos dest. Roger Cotes
William Whiston
Coñecido por Leis de Newton, mecánica clásica, cálculo infinitesimal, óptica, Principia Mathematica
Influído por Johannes Kepler, Robert Boyle
Influíu en Fatio de Duillier, John Keill
Premios {{{premios}}}

Isaac Newton signature.svg

{{{notas}}}

Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 4 de xaneiro de 1643 e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático e astrónomo inglés. A súa contribución máis notable foi a lei da gravitación universal, sobre a que Lagrange escribiu: "o sistema do mundo descúbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con Leibniz, do cálculo infinitesimal. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a lei da gravidade. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o día de Nadal de 1642. Aos 18 anos foi enviado a Cambridge, onde se distinguiu pouco a pouco dos demais alumnos e fixo moitas contribucións importantes á ciencia, sendo os chamados Principios de Newton os máis coñecidos. Estudou no Trinity College, en Cambridge, graduándose en 1665. Un dos principais precursores da Ilustración, o seu traballo científico sufriu forte influencia do seu profesor e orientador Isaac Barrow (desde 1663), e de Frans van Schooten, François Viète, John Wallis, Descartes, Fermat e Bonaventura Cavalieri, das concepcións de Galileo e Kepler, da teoría de Aristóteles sobre rectas tanxentes ás curvas, do traballo de Apolonio sobre cónicas e da xeometría de Euclides.

Binomio de Newton[editar | editar a fonte]

En 1663, formulou o teorema hoxe coñecido como binomio de Newton. Fixo as súas primeiras hipóteses sobre gravitación universal e escribiu sobre series infinitas e teoría do fluxo (1665). Por causa da peste, o Trinity College foi pechado en 1666 e o científico foi para casa, á súa facenda. Foi neste ano de retiro cando construíu catro das súas principais descubertas: o teorema binomial, o cálculo, a lei da gravitación e a natureza das cores. Construíu o primeiro telescopio de reflexión en 1668, e foi quen primeiro observou o espectro visible que se pode obter pola descomposición da luz solar ao incidir sobre unha das faces dun prisma triangular transparente (ou outro medio de refracción ou de difracción), atravesándoo e proxectándose sobre un medio ou un anteparo branco. Optou, entón pola teoría corpuscular de propagación da luz, enunciándoa (1675) e contrariando a teoría ondulatoria de Huyges.

Tornouse profesor de matemática en Cambridge (1669) e entrou na Royal Society (1672). A súa principal obra foi a publicación Philosophiae Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos dunha filosofía da natureza - 1687), en tres volumes, un verdadeiro monumento científico, en que enunciou a lei da gravitación universal, xeneralizando e ampliando as constatacións de Johannes Kepler (Leis de Newton), e resumiu as súas descubertas, principalmente o cálculo. Tratando esencialmente sobre física, astronomía e mecánica (leis dos movementos, movementos de corpos en medios resistentes, vibracións isotérmicas, velocidade do son, densidade do ar, queda dos corpos na atmosfera, presión atmosférica, etc), todo tratado con matemática pura, foi a súa consagración como maior científico da súa época.

En 1696 Foi nomeado Warden of the Mint e en 1701 Master of the Mint. Foi elixido socio estranxeiro da Académie des Sciences en 1699 e tornouse presidente da Royal Society en 1703. Publicou, en Cambridge, Arithmetica universalis (1707), unha especie de libro de texto sobre identidades matemáticas, análise e xeometría, posibelmente escrito moitos anos antes (talvez en 1673).

Escribiu (1669) e publicou (1711) De analysi per aecuationes numero terminorum infinitas, sobre series e cálculo. Escribiu (1671) e publicou (1742) Methodus fluxionum et serierun infinitorum, sobre fluxos. Especialista en gravitación universal, na mecánica as súas principais contribucións foron a descuberta das terceira e última lei de movemento, despois chamada de principio da acción e reacción, a lei da gravitación universal e a conceptualización precisa de masa, momento, inercia, forza e aceleración. coa demostración da lei da gravitación estaba creada a teoría da Mecánica Celeste, movendo a descrición do mundo do terreo cinemático para o dinámico.

Estudou aínda forzas de resistencia e de viscosidade nos fluídos en repouso e en movemento, establecendo principios e relacións, e estableceu o cálculo da contracción dos chorros en descargas por orificios. Publicou tamén conclusións sobre escoamento en canais, velocidade de ondas superficiais e deslocamento do son no ar. Tamén escribiu sobre química, alquimia, cronoloxía e teoloxía. Esta preocupación de Newton con cuestións filosóficas, relixiosas e teolóxicas e seu envolvemento coa alquimia pode estar relacionado co feito que el pertenceu a unha Orde Rosacruz. Modestamente caracterizouse por nunca dar moita importancia á publicacións das súas descubertas.

As leis da dinámica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Leis de Newton.

Un dos temas tratados en Principia foron as tres leis da dinámica ou leis de Newton, nas que explicaba o movemento dos corpos así como os seus efectos e causas. Estas leis son:

  • A primeira lei de Newton ou lei da inercia

"Todo corpo permanecerá no seu estado de repouso ou movemento uniforme e rectilíneo a non ser que sexa obrigado por forzas externas a cambiar o seu estado".

Nesta, Newton afirma que un corpo sobre o que non actúan forzas externas (ou as que actúan se anulan entre si) permanecerá en repouso ou movéndose a velocidade constante.

Esta idea, que xa fora enunciada por Descartes w Galileo, supoñía romper coa física aristotélica, segundo a cal un corpo só se mantiña en movemento mentres actuara unha forza sobre el.

  • A segunda lei de Newton ou lei da interacción e a forza

"O cambio de movemento é proporcional á forza motriz externa e ocorre segundo a liña recta ao largo da cal aquela forza se exerce".

Esta lei explica as condiciones necesarias para modificar o estado de movemento ou repouso dun corpo. Segundo Newton estas modificacións só teñen lugar se se produce unha interacción entre dous corpos, entrando ou non en contacto (por exemplo, a gravidade actúa sen que haxa contacto físico). Segundo a segunda lei, as interaccións producen variacións no momento lineal, a razón de

\vec F= \frac {d{\vec p}}{dt}

Sendo \vec F a fuerza, d{\vec p} o diferencial do momento lineal, {dt} o diferencial do tempo.

A segunda lei pode resumirse na fórmula

\vec F = {m} \vec a

sendo \vec F a forza (medida en newtons) que hai que aplicar sobre un corpo de masa m para provocar unha aceleración \vec a.

  • A terceira lei de Newton ou lei de acción-reacción

"Con toda acción ocorre sempre unha reacción igual e contraria; as accións mutuas de dous corpos sempre son iguais e dirixidas en sentidos opostos".

Esta lei reflíctese constantemente na natureza: tense unha sensación de dor ao golpear unha mesa, posto que a mesa exerce unha forza sobre ti coa mesma intensidade; o impulso que consegue un nadador ao exercer unha forza sobre o borde da piscina, sendo a forza que lle impulsa a reacción do borde á forza que el está exercendo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Isaac Newton
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Isaac Newton

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christianson, G.E. (1984): In the Presence of Creator, Isaac Newton and His Times. The Free Press. ISBN 0-02-905190-8 [Newton (2 vol.). Salvat Editores, S.A. Biblioteca Salvat de Grandes Biografías, 99 y 100. 625 págs. Barcelona, 1987 ISBN 84-345-8244-9 e ISBN 84-345-8245-7]
  • Gardner, M. (2001): Isaac Newton, alquimista y fundamentalista. En: Did Adam and Eve Have Navels?: Debunking Pseudoscience W.W. Norton & Company. 333 págs. ISBN 0-393-04963-9 ¿Tenían ombligo Adán y Eva?. Editorial Debate. 384 págs. Barcelona, 2001 ISBN 84-8306-455-3
  • Westfall, R.S. (1980): Never at Rest. Cambridge University Press. 908 págs. ISBN 0-521-27435-4
  • Westfall, R.S. (1993): The life of Isaac Newton. Cambridge University Press. 328 págs. ISBN 0-521-43252-9. Isaac Newton, una vida. Cambridge University Press. 320 págs. Madrid, 2001 ISBN 84-8323-173-5 Versión resumida de Never at Rest, centrada na biografía máis que na obra.
  • White, M. (1997): Isaac Newton: The Last Sorcercer. Addison-Wesley, Helix books. 402 págs. Reading, Mass. ISBN 0-201-48301-7
  • Westfall, Robert S.. Isaac Newton, una vida. ABC, S.I.. ISBN 8-424499-290247.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]