Augsburgo
Coordenadas: 48°22′N 10°54′L / 48.367, -10.900
Augsburgo | ||
---|---|---|
Augsburg | ||
Vista da casa do concello e dos edificios históricos da cidade | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | Baviera | |
Regierungsbezirk | Suabia | |
Distrito | Distrito urbano | |
Xeografía | ||
Altitude | 495 msnm | |
Superficie | 146,93 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 272.699 hab. (2012) | |
Densidade | 1.900 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 86150–86199 | |
Alcalde | Kurt Gribl (USCB) | |
Páxina oficial de Augsburgo |
Augsburgo[1][2] (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 276.193 habitantes (2004) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg.
Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).
Historia[editar | editar a fonte]
A cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a Guerra dos Trinta Anos e durante a Segunda Guerra Mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.
En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Luís XIV de Francia. En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera. Na Segunda Guerra Mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos. Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «Ruswick, paz de» e «Reforma». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. pp. 1770 e 1846. ISBN 9788482893600.
- ↑ Outros exemplos de uso en: Max Weber (2006). USC, ed. A ética protestante e o "espírito" do capitalismo. Clásicos do pensamento universal 9. Traducido por Xosé Manuel García. ISBN 9788497506137.; Xosé Carlos Caneiro (1997). Xerais de Galicia, ed. Un xogo de apócrifos. ISBN 9788483021293.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augsburgo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |