Filoloxía clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A filoloxía clásica é a rama da filoloxía que atende ao estudo das linguas clásicas: latín e grego clásico. É, ademais, unha rama dos estudos clásicos.

Obxecto de estudo[editar | editar a fonte]

A filoloxía clásica ocúpase do estudo das linguas latina e grega antiga. Ao estudarse sempre en conxunto co resto das disciplinas que engloban os estudos clásicos, os filólogos clásicos ou clasicistas ocúpanse do estudo das civilizacións de Grecia e Roma no seu conxunto: linguas, historia, filosofía, mitoloxía, relixión, arte, arqueoloxía e política. Estes estudos foron considerados no mundo occidental como o xerme dos estudos das humanidades. A creación de novas subdisciplinas como os estudos do sánscrito e do indoeuropeo contribuíu con achegas directas ou indirectas ao campo da filoloxía clásica.

Tradicionalmente asociáronse aos estudos de filoloxía clásica nun sentido estrito todos aqueles que están relacionados coa historia e as culturas de Grecia e de Roma:

En varios países de Europa, como no Reino Unido, a especialización en Historia Antiga, así como calquera afondamento relacionado co mundo clásico (arte, filosofía, mitoloxía e historia) lévase a cabo dentro do departamento ou facultade de estudos clásicos. Na maioría das universidades europeas, os estudos clásicos existen como un departamento dentro dunha facultade. Con todo nas universidades británicas de Oxford e Cambridge existe unha facultade especializada para estes.

Clasicistas famosos[editar | editar a fonte]

Clasicistas famosos españois[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]