A Universidade de Erlangen-Núremberg (en alemán, Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg), é a universidade das cidades de Erlangen e Núremberg, en Baviera (Alemaña).
É a segunda universidade máis importante de Baviera, con cinco facultades, 265 cátedras e uns 40.000 estudantes[cando?], dos cales dous terzos estudan en Erlangen e un terzo en Núremberg. Ten aproximadamente 2500 estudantes estranxeiros. O seu reitor é[cando?] Karl-Dieter Grüske.
Desde a súa creación, a universidade foi unha institución protestante, que se foi secularizando de forma paulatina. Durante a era nazi, a universidade foi unha das primeiras en ter unha maioría de afiliados ao partido nazi no consello estudantil.
En 1961 o Colexio de Negocios de Núremberg fusionouse coa Universidade de Erlangen, resultando na actualidade unha universidade dividida en dúas cidades. En 1966 inauguroude unha facultade técnica, e o colexio pedagóxico de Núremberg pasou a formar parte da universidade en 1972.
Este palacio no centro de Erlangen, coñecido popularmente como o Schloss, alberga a gran parte da administración da universidade
En febreiro de 2007 o goberno da universidade aprobou unha reestruturación en cinco facultades.[1]
Desde outubro dese ano a universidade está formada por:
Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais, e Escola de Teoloxía
Facultade de Dereito, e Escola de Negocios e Economía