Holocausto
![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O holocausto[1] (do grego antigo: ὁλόκαυστον, ὁλον [todo] + καυστον [queimado]) foi o xenocidio ou asasinato en masa de cerca de seis millóns de xudeus durante a segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e polo Partido Nazi e que ocorreu en todo o Terceiro Reich e nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra.[2] Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, preto de dous terzos morreron; máis dun millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes xudeus morreron durante o período.[3][4]
O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala Segunda Guerra Mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a Segunda Guerra Mundial.
Índice
Terminoloxía[editar | editar a fonte]

Os primeiros en empregar o vocábulo "holocausto" foron os historiadores xudeus de finais da década de 1950. A xeralización do termo produciuse a finais da década seguinte.[5] Esta palabra procede da tradución grega do texto masorético coñecida como Versión dos setenta, en que o vocábulo olokaustos (ὁλόκαυστος: de ὁλον, 'completamente', e καυστος, 'queimado') traduce unha palabra hebrea que se refire a un sacrificio consumido polo lume.[6]
Tamén se emprega para nomealo o vocábulo Shoá, Shoah ou Sho'ah),[7] procedente do hebreo שואה e que significa "catástrofe".[8] A palabra forma parte da expresión Yom ha-Sho'ah, coa que se nomea en Israel o día oficial da Memoria do Holocausto.
En yidish para referirse ao Holocausto emprégase a expresión hurb'n eiropa,[9] que posúe o significado de "destrución (das comunidades xudías) de Europa", incluíndo tamén a cultura das mesmas.[10]
En cando á historia do uso do vocábulo "holocausto", dende o século XVI empregouse a expresión holocaust na lingua inglesa para catástrofes extraordinarias de incendios con gran cantidade de vítimas. No século XVIII a palabra adquiriu un significado máis xeral de morte violenta dun gran número de persoas.[11] Winston Churchill utilizou a expresión holocaust na súa publicación The World Crisis en referencia ao xenocidio armenio en Turquía.[12]
Períodos[editar | editar a fonte]
Convencionalmente divídese en dous períodos: antes e despois de 1941. No primeiro período varias medidas anti-semitas (anti-xudeus) foron tomadas en Alemaña e máis tarde en Austria. En Alemaña, seguindo as leis de Nuremberg (1935), os xudeus perderon os seus dereitos de cidadanía, de ocupar cargos públicos, de practicar determinadas profesións, de casar con alemáns non xudeus ou de recibir unha educación pública. As súas propiedades e negocios foron rexistrados e ás veces confiscados. Actos continuos de violencia foron perpetrados contra os xudeus e a propaganda oficial incitaba ós "verdadeiros alemáns" a odialos e temelos. Conforme o desexado, o resultado foi unha emigración en masa, reducindo á metade a poboación xudía en Alemaña e Austria.
A segunda fase, durante a Segunda Guerra Mundial comeza en 1941, cando a persecución se espalla por toda a Europa ocupada polos nazis e implicou traballos forzados, fusilamentos en masa e campos de concentración, que eran a base da "purificación da raza alemá" idealizada polo ditador de orixe austríaca Adolf Hitler.
Para manter viva a memoria do Holocausto, o Parlamento israelí aprobou no 1953 a Lei do Memorial, na que se fundaba o Yad Vashem.
As vítimas[editar | editar a fonte]


Xunto cos xudeus, outros grupos humanos e disidentes políticos e relixiosos, foron tamén obxecto de persecución e asasinato durante o nazismo.[13] Segundo o criterio máis ou menos restrinxido que se adopte para definir o Holocausto, a cifra de vítimas varía. Algúns historiadores circunscríbeno ao xenocidio de xuedeus a mans do Terceiro Reich (algo máis de 6 millóns de vítimas).[14][15][16] Outros estudosos consideran que debe aplicarse ademais ás vítimas polacas e a outros pobos eslavos e xitanos. Un terceiro grupo amplía a expresión para que abranga igualmente aos homosexuais, os discapacitados físicos e mentais e as testemuñas de Xehová, de modo que se estiman en once ou dos millóns as vítimas do Holocausto, das que máis da metade eran xudías.[17]
Calcúlase que morreron vítimas deste exterminio algo máis de seis millóns de xudeus.[14] Dunha poboación de arredor 3 millóns ó inicio da guerra de xudeus en Polonia, quedaron menos de cincocentos mil en 1945. Os xudeus de Europa foron as principais vítimas do Holocausto. Ademais, faleceron 800 000 xitanos, catro millóns de prisioneiros de guerra soviéticos ou vítimas da ocupación (foron tamén obxecto de exterminio sistemático), polacos e individuos cualificados de asociais de varias nacionalidades (presos políticos, homosexuais, discapacitados físicos ou psíquicos, delincuentes comúns etc.). As aproximacións oficiais son as seguintes:
- polacos xudeus (15,56 %) e non xudeus (13,78 %)
- alemáns xudeus (13,33 %)
- eslavos ( 26,66 %)
- prisioneiros de guerra soviéticos (17,78 %)
- xitanos ( 3,56 %)
- alemáns "arios" opositores políticos (xeralmente persoas con ideas de esquerda e librepensadores) (6,67 %)
- discapacitados (1,34 %)
- homosexuais (1,12 %)
- negros[18]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para holocausto.
- ↑ Snyder 2010, p. 45.
- ↑ Fitzgerald 2011, p. 4; Hedgepeth & Saidel 2010, p. 16.
- ↑ Dawidowicz 1975, p. 403.
- ↑ Por exemplo, no seu informe sobre o xuízo a Eichmann, Eichmann en Xerusalén, de 1963-64, Hannah Arendt aínda emprega a expresión «solución final».
- ↑ Crónica del Holocausto, pág. 57; en ocasións, pódese atopar citado como termo grego a forma ὁλοκαύτωμα (holokáutoma), composta de ὅλος (hólos) «todo», «totalmente», e de καῦσις (káusis), «cremación».
Hai quen supón ademais que holocausto podería tamén remitir ao «ascendente» ou ofrenda sacrificada e completamente queimada dalgún antigo sacrificio ritual bíblico. Para unha discusión, véxase Tracey R. Rich, "Qorbanot: Sacrifices and Offerings", Judaism 101, "Olah: Burnt Offering", 1998-2011; e "Burnt Offering", Jewish Encyclopedia, 1906 (consultados o 24 de outubro de 2013). - ↑ Cf. Narrating the Holocaust.
- ↑ O termo apareceu por primeira vez nun folleto publicado en Xerusalén en 1940 polo «Comité Unido de Axuda aos Xudeus de Polonia» (Louis Weber, «Crónica del Holocausto», en Crónica del Holocausto, s. p.).
- ↑ חורבן אייראפע
- ↑ Na súa versión en inglés, a Crónica do Holocausto fai simplemente referencia a "churb'n", vocábulo ao que atribúe o significado de «destrución» (pág. 57); así, a idea de ruína tampouco á allea ao mesmo.
- ↑ No século XII o monxe e cronista inglés Richard of Devizes utilizou a expresión holocaust na súa narración da coroación de Ricardo Corazón de León, refiríndose ás matanzas de xudeus en Londres iniciadas a partir do rumor de que foran ordenadas polo rei.
- ↑ The World Crisis, vol. 4: The Aftermath, Nova York, 1923, p. 158.
- ↑ Michael Berembaum, The World Must Know, The United States Holocaust Memorial Museum, págs. 125 y ss.
- ↑ 14,0 14,1 Aracil, Rafael (1998) El mundo actual: de la Segunda Guerra Mundial a nuestros días.
- ↑ Montenegro, Santiago (2006) Sociedad abierta, geografía y desarrollo: ensayos de economía política.
- ↑ Keyes, Anna (2005) Los Números de la Segunda Guerra Mundial.
- ↑ Guía académica para los delegados del Consejo Europeo de Ministros. ITAMMUN 2007.
- ↑ Diokgbéne Bomboma, «La larga sombra del racismo anti-negro», revistapueblos.org, 1 de maio de 2005.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Holocausto ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dawidowicz, Lucy (1975). The War Against the Jews.
- Hedgepeth, Sonja M.; Saidel, Rochelle G. (2010). Sexual Violence against Jewish Women During the Holocaust. Lebanon, NH: University Press of New England.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Historia da Shoáh, de Georges Bensoussan (pdf)
- Memoria do Holocausto: Auschwitz-Birkenau 60 anos despais (vídeo)
- O Holocausto (en portugués)
- Documentario Triángulos Roxos- As vítimas esquecidas. (en portugués)
- Enciclopedia do Holocausto, mantida polo Memorial do Holocausto. (en castelán)
- The Holocaust Chronicle (en inglés)
- Holocaust History (en inglés)
|
|