Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Numismática Nórdica
Fundación / creación
1935
Wikidata
A Unión Numismática Nórdica (en finés e dinamarqués : Nordisk Numismatisk Union ; en sueco : Nordisk numismatisk union; – NNU– ) é unha entidade asociativa que integra diferentes asociacións e sociedades numismáticas de varios países nórdicos .
A Unión Numismática Nórdica fundouse en Copenhague , Dinamarca , o 27 de novembro de 1935 , e inicialmente estaba constituída por catro gabinetes numismáticos e por cinco asociacións numismáticas de Suecia , Noruega , Dinamarca e Finlandia . A estas cinco uníronselles posteriormente as asociacións de Islandia , das Illas Feroe e de Turku :[ 1] [ 2]
Asociación Numismática Dinamarquesa (Dansk Numismatisk Forening ).
Asociación de Coleccionistas de Moedas das Illas Feroe (Føroya myntsafnarafelag ).
Fondo Monetario Islandés (Myntsafnarafélag Islands ).
Asociación Numismática Norueguesa (Norsk Numismatisk Forening ).
Asociación Numismática de Turku (Numismatiska Föreningen i Åbo ).
Asociación Numismática Finlandesa (Suomen Numismaattinen Yhdistys ).
Asociación Numismática de Skåne (Skånes numismatiska förening ).
Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen ).
A NNU é a responsable de dúas publicacións periódicas :
Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad – NNUM– ("Revista dos membros da NNU"), creada en 1936 . Publica arredor de 10 números anuais.[ 4] [ 5]
Nordisk Numismatisk Årsskrift – NNÅ– ("Anuario Numismático Nórdico"). Publicouse anualmente entre 1936 e finais da década de 1970 e, a partir de aí, con carácter esporádico.[ 6] [ 7]
A unión celebra un encontro conxunto cunha periodicidade de entre dous e catro anos, nun dos países nórdicos. Os máis recentes foron os seguintes:[ 2]
Asociacións relacionadas coa numismática
Ámbito internacional Europa América Asia, África e Oceanía Véxase tamén