Richard G. Doty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «R. G. Doty»)
Infotaula de personaRichard G. Doty
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1942
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 2013 (71 anos)
Falls Church
Virxinia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
Educación- Universidade Estatal de Portland.
- Universidade do Sur de California.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- 1998: Premio Lhotka (RNS).
- 2000: Medalla (RNS).
- 2011: Medalla Huntington (ANA).
- 2013: Á traxectoria (ANA).

Dialnet: 2067139


Richard G. Doty, nado o 11 de xaneiro de 1942 en Portland, Oregón, e finado o 2 de xuño de 2013 en Falls Church, Virxinia, foi un numismático estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Richard G. Doty naceu no barrio de St. Johns, ao norte de Portland, o 11 de xaneiro de 1942, único fillo de George Barney Doty e Angeline Charlotte Petersen. Alí pasou a súa infancia e cursou a educación primaria e secundaria. [1]

Richard Doty graduouse en Historia na Universidade Estatal de Portland en 1964 e posteriormente acadou o doutoramento en Estudos Lationoamericanos na Universidade do Sur de California en 1968.[1][2][3]

Os anos seguintes dedicouse á docencia universitaria da Historia da América Latina e dos EEUU, en condición de profesor axudante, no Central College de Iowa (1967-1970), no York College de Nova York (1970-1971), e na Universidade de Guam (1971-1973).[1][2][3]

Fóra do ámbito académico, en 1974 comezou a traballar na American Numismatic Society (ANS), de Nova York, como conservador da sección de moeda moderna e do departamento de moeda, posto que ocupou ata 1986. Ese ano ingresou como conservador de numismática occidental da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, albergada no National Museum of American History, do Instituto Smithsoniano. En 2005 foi ascendido a conservador titular da colección, posto no que permaneceu ata o seu falecemento.[1][2][3]

Doty centrou varias das súas investigacións na análise de coleccións numismáticas de diversos museos e institucións. Outros dos seus focos de interese foi a tecnoloxía da cuñaxe, aspecto no que foi considerado un experto; neste aspecto destaca o seu estudo sobre a figura de Matthew Bolton, pioneiro na aplicación da máquina de vapor á cuñaxe, na súa Ceca de Soho.[2][3][4]

Richard Doty foi presidente fundador (1998-2007) do Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), parte do Consello Internacional de Museos (ICOM), da UNESCO.[1][2][3]

No ámbito persoal, Richard G. Doty contraeu matrimonio en catro ocasións; os nomes das súas esposas foron Joyce, Caroline, Margaret e Cindi Roden.[1]

Doty faleceu aos 71 anos en Falls Church, Virxinia, o 2 de xuño de 2013, vítima dun linfoma.[5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos publicados por Ricgard G. Doty ao longo da súa carreira, así como unha escolma dalgúns dos seus artigos:[12][13]

Monografías[editar | editar a fonte]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Hoge, R. W. (2013) Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Richardd (Dick) G. Doty, 1942-2013. Smithsonian Curator". En Coins Weekly. 6 de xuño de 2013.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Richard (Dick) G. Doty, 1942-2013". National Museum of American History.
  4. Véxase (1998) en "Publicacións".
  5. Dazio, S. (2013).
  6. Roach, S. (2013).
  7. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  10. "Smithsonian's Richard Doty receives 2011 Huntington Award". National Museum of American History.
  11. "Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  12. "Doty, Richard G. 1942-2013 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  13. "Doty, Richard G.". WorldCat Identities.
  14. "New Doty Book on Obsolete Paper Money". En Coins Weekly. 4 de abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]