Saltar ao contido

Universidade do Sur de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade do Sur de California
Logotipo
Imaxe
 Composto por
 Nome orixinal
University of Southern California Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
University of Southern California Editar o valor en Wikidata
 Forma xurídica
 Lingua usada
 Texto lema
Palmam qui meruit ferat Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Persoas relevantes
 Fundador/a
 Presidente/a
Carol Folt (pt) Traducir 1 de xullo de 2019 - 30 de xuño de 2025
Wanda Austin (pt) Traducir 8 de agosto de 2018 - 30 de xuño de 2019
Max Nikias (pt) Traducir 3 de agosto de 2010 - 7 de agosto de 2018 Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal28873 (2019) Editar o valor en Wikidata
Estudantes48500 (2019) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Ten en propiendade
Galen Center (en) Traducir
KDSC (en) Traducir
KOSC (en) Traducir
KESC (en) Traducir
KDFC (en) Traducir
KPSC (en) Traducir
KDB (en) Traducir
Dedeaux Field (en) Traducir
KDFG (en) Traducir
KUSC (en) Traducir
Bovard Field (en) Traducir
KXSC (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Economía e industria
 Industria
 Ingresos totais
5119320238 $ (2023)
5566926612 $ (2022)
5375170369 $ (2021)
6447260379 $ (2020)
5855965866 $ (2019)
5602936505 $ (2018)
5128409256 $ (2017)
4895423051 $ (2016)
4638829461 $ (2015)
4623485966 $ (2014)
3953425578 $ (2013)
3606539165 $ (2012)
3656282366 $ (2011) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
13778469076 $ (2023)
13791301785 $ (2022)
14735782192 $ (2021)
14495427000 $ (30 de xuño de 2020)
12727485136 $ (2019)
12195450741 $ (2018)
11572918422 $ (2017)
10268789127 $ (2016)
9978569629 $ (2015)
9594824056 $ (2014)
8451149010 $ (2013)
7759326807 $ (2012)
7321980809 $ (2011) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
6 de outubro de 1880 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1880Coeducación
2021acordo (litígio) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Outorga
Localización
 Situado en
 Sede
Identificadores
VIAF129870724 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121566853 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/065y4w7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI1174212 e P4310316319 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: co0029593 Facebook: usc Twitter: USC Instagram: uscedu Youtube: UCJDGYVOYi13IqD3CYfETe0w Dialnet: 889711 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Universidade do Sur de California (en inglés University of Southern California) é unha universidade privada de investigación no barrio de Exposition Park nos Ánxeles (California, Estados Unidos).

A Universidade foi fundada en 1880 e é a universidade privada de investigación máis antiga de California.

Acrónimos

[editar | editar a fonte]

O nome da Universidade do Sur de California ás veces é abreviado como Southern California, ou coas siglas SC ou USC,[a] presenta o mesmo acrónimo que a Universidade de Santiago de Compostela (fundada en 1495), a Universidade de San Carlos (Manila, s. XVII-XVIII), a Universidade de Carolina do Sur, University of South Carolina, Columbia (fundada en 1801 como South Carolina College), a Universidade do Sur do Caribe University of Southern Caribbean en Trinidad e Tobago (fundada en 1927) e a Universidade Santiago de Cali, Universidad Santiago de Cali en Cali, Colombia (fundada en 1958).

A USC empregaba en 2007 a 3.127 profesores a tempo completo, 1.363 a tempo parcial e uns 8.200 empregados. A universidade ten un nivel "moi alto" de actividade investigadora, e conseguiu 484,6 millóns de dólares en investigación patrocinada en 2007. O Centro de Sistemas Integrados de Medios (Integrated Media Systems Center) e o Centro de Sistemas Microelectrónicos Biomiméticos (Center for Biomimetic Microelectronic Systems) están na USC.

Estudantes

[editar | editar a fonte]

A USC conta con 16.384 estudantes de grao e 17.024 de posgrao e impartiu en 2007, 4.676 de grao e 5.380 de grao superior. Os estudantes da USC proceden dos 50 estados dos Estados Unidos e de máis de 115 países[1].

A USC conta con 19 equipos deportivos que compiten na Conferencia Pacífico-10 da División IA da Asociación Nacional de Atletismo. O seu alcume é os troianos (the Trojans). Os troianos gañaron 89 campionatos por equipos da NCAA[2], terceiros nos Estados Unidos (detrás de UCLA e Stanford) e 347 campionatos individuais da NCAA, segundos nos EUA. 362 atletas troianos estiveron nos Xogos Olímpicos gañando 112 medallas de ouro, 66 de prata e 58 de bronce. O seu equipo de baloncesto xoga no Galen Center, adestrado por Kevin O'Neill. O equipo de fútbol americano xoga no Los Angeles Memorial Coliseum e é adestrado por Lane Kiffin . O equipo de fútbol gañou varios campionatos nacionais e 23 Rose Bowls, un partido disputado entre dous dos mellores equipos de fútbol do país. Nos deportes, a USC ten unha forte rivalidade coa UCLA, a outra grande escola dos Ánxeles, en todos os deportes e unha forte rivalidade con Notre Dame no fútbol.

Astronautas

[editar | editar a fonte]

Varios astronautas da NASA formáronse na USC, entre eles:

  • Neil Armstrong (décadas de 1960 e 1970, estudos de posgrao) (M.S. Aerospace Engineering) - astronauta e primeira persoa en camiñar na Lúa, piloto da NASA X-15[3]
  • Karol J. Bobko (1970, M.S. Aerospace Engineering) - enxeñeiro, oficial da Forza Aérea e astronauta da USAF e da NASA[4]
  • Charles F. Bolden, Jr. (1977, M.S. Systems Management) – comandante do Transbordador Espacial; Administrador da NASA
  • Gerald P. Carr (1954, B.S. Mechanical Engineering) – coronel do Corpo de Mariña e astronauta da NASA[5]
  • Nancy J. Currie (1985, M.S. Systems Management) - enxeñeira, oficial do exército e astronauta da NASA[6]
  • Jerry M. Linenger (1988, M.S. Systems Management) – capitán do Corpo Médico da Mariña e astronauta da NASA[7]
  • James A. Lovell (1961, Aviation Safety School) - Astronauta da NASA e capitán da Mariña, máis famoso como comandante da misión Apolo 13
  • Carlos I. Noriega (1981, B.S. Computer Science) – astronauta da NASA e tenente coronel do Corpo de Mariña[8]
  • Kenneth S. Reightler, Jr. (1984, M.S. Systems Management) – astronauta da NASA[9]
  1. "natudoc_campdiv_brief". colleges.usnews.rankingsandreviews.com (en inglés). 
  2. "Champs listing". NCAA.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2007. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  3. "USC Fact Book, Did You Know?". USC. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2009. 
  4. "Karol J. Bobko". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  5. "Gerald P. Carr". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  6. "Nancy J. Currie". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  7. "Jerry M. Linenger". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  8. "Carlos I. Noriega". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  9. "Kenneth S. Reightler, Jr.". www.liquisearch.com. Consultado o 2022-07-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]